Danza contemporánea

A danza contemporánea xorde coma unha reacción ás formas clásicas e probablemente coma unha necesidade de expresarse máis libremente co propio corpo. É unha clase de danza na que se pretende expresar unha idea, un sentimento, unha emoción, mais mesturando movementos corporais propios do século XX e XXI.

Compañía de danza contemporánea Danzart.

A súa orixe remóntase ata finais do século XIX. Nos inicios buscábase unha alternativa á estrita técnica do ballet clásico, comezaron a aparecer bailaríns danzando descalzos e realizando movementos menos ríxidos que os tradicionais no escenario. Co tempo, foron aparecendo variacións nas que a técnica clásica brillaba pola súa ausencia e ata se introducían movementos doutras técnicas corporais, coma o flamenco, movementos de danzas tribais, acrobacias, contacto físico e até do ioga. Ata o final da segunda guerra mundial, este renovado estilo de danza chamouse danza moderna, mais a súa evolución dende finais dos anos 1940 en adiante levou a que se preferise a partir de entón empregar a expresión "danza contemporánea". Hoxe en día, as técnicas modernas deixan paso a unha chea de mesturas de estilos, chegándose incluso a non deixar claro a que estilo se asemella ou que patróns se segue. Segundo Nieves Rosales, "Hoxe parece que calquera é bailarín de contemporáneo, mais non todo vale".[1]

Pódense distinguir nos inicios dúas escolas, a americana e a europea.

Unha característica distintiva é o uso de multimedia para acompañar as coreografías, como a proxección de imaxes e vídeo.

A danza clásica ten unha dramaturxia con principio, clímax e desenlace. A danza contemporánea pode seguir esta estrutura ou ben contar historias dunha forma non lineal.

A danza contemporánea pode falar dun concepto, propoñer un ambiente ou presentar movementos co propósito de conseguir unha estética determinada, non sempre ten que contar unha historia. Por outro lado, a danza clásica constrúese a través de pasos xa existentes e sempre codificados mentres que a danza contemporánea busca a innovación e a creación de novas formas de movemento de acordo coas necesidades do coreógrafo ou o intérprete. A danza clásica busca o preciosismo, o estruturado e perfecto, a conexión co etéreo, co celestial; máis ben está ligada ao concepto do apolíneo. A danza contemporánea busca a conexión co terreal, co humano e as súas paixóns, a non estrutura, a transgresión; está ligada ao concepto do dionisíaco.

O coreógrafo adoita tomar as decisións creativas. El ou ela escolle se a peza terá un carácter abstracto ou narrativo. Os bailaríns son seleccionados en función da súa habilidade e adestramento. A coreografía é determinada baseándose na súa relación coa música ou os sons cos que se baila. O papel da música en danza contemporánea é diferente ao doutros xéneros porque pode servir de fondo para a peza. O coreógrafo supervisa a elección do vestiario e o seu valor estético para a composición xeral da actuación e tamén para ver como inflúe nos movementos dos bailaríns.

A danza como as outras artes tivo grandes cambios estéticos durante toda a súa historia. Entre finais do século XX e principios do XXI a investigación e a procura continua das novas formas de expresión conduciu a danza por diferentes camiños cara á perfección técnica e artística. Influída polos cambios da vida social e política e tamén doutras artes, a danza cambiou a súa forma de ser, a súa estética e a súa percepción.[2]

Escola americana

editar

Primeira xeración: os pioneiros americanos

editar
 
Anna Duncan practicando danza contemporánea na praia.

Segunda xeración: os fundadores da "Modern Dance" nos Estados Unidos

editar

Xeración histórica: precedentes da Denishawn

editar

Os outros creadores de técnicas

editar

Terceira Xeración

editar

Escola Europea

editar

Primeira xeración: pioneiros europeos

editar

Filósofose pensadores

editar
 
Músico francés e profesor de danza François Delsarte (1811-1871)
François Delsarte (francés, 1811-1871)
editar

Foi o inspirador da ximnasia moderna, coñecida primeiramente co nome de «ximnasia expresiva» (Bode) ou, posteriormente, «ximnasia rítmica». Afirma que os estados espirituais se deben representar a través de actitudes e movementos do corpo como unidade, e non unicamente do rostro. A preocupación pola técnica é moito maior que no anterior. Divide o corpo en tres zonas variables:

  • Os membros inferiores, expresan forza
  • O torso e brazos, expresan o espiritual e emocional
  • E a cabeza-colo, o xesto, reflicten o estado mental

As súas ideas foron levadas a Estados Unidos de América por un dos seus discípulos, Steele Mackaye, que xunto con Genevieve Sebbins difundiron e introduciron estas ideas nas mellores escolas de Nova York.

En Europa é Hedwig Kallmeyer, alumna de Sebbins, quen difunde as súas ideas. En 1930, funda en Alemaña o Instituto de Cultura Expresiva e Corporal, onde ensina como forma de EF para a muller, o sistema de Delsarte, e con iso logra a súa inclusión na escola; ademais publica Beleza e saúde, que supón unha reacción contra os movementos ximnásticos tradicionais.

Delsarte desenvolve as «leis do movemento harmonioso», que son:

  1. Lei da postura harmónica: posición equilibrada e natural como a posición de repouso perfecta das estatuas gregas.
  2. Lei do movemento oposto: todo movemento esixe por principios de equilibrio un movemento oposto dos outros segmentos.
  3. Lei da función muscular harmónica: a forza muscular debe estar en relación directa co tamaño dos músculos.
  1. "«Hoy parece que cualquiera es bailarín de contemporáneo, pero no todo vale»". 19 de marzo de 2017. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  2. Chircovski, Boris. Danza contemporánea: Técnica y creatividad (en castelán). Universidad de Alicante. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar