Coeducación
A coeducación é a educación mixta, é dicir, unha educación na que –polo menos organizativamente- non se ten en conta o xénero. Tivo un rápido avance nos últimos decenios, en parte debido á suposición de que ese modelo podía facilitar a igualdade de oportunidades; porén, aínda coas súas vantaxes, o esquecemento das diferenzas de xénero supuxo aspectos negativos.
A coeducación coñécese como educación mixta (coeducation) en países anglosaxóns, pero en países como en España, a coeducación é un termo que fai referencia á educación na igualdade de xénero. En países anglosaxóns refírese unicamente á mestura de homes e mulleres en institucións educativas, sen dar ningunha connotación no tipo de educación que reciben.
No entanto, o termo coeducación en España, refírese á educación na igualdade de xénero en todos os aspectos da vida, sen necesariamente referirse a unha educación na que os/as destinatarios/as sexan dun xénero ou doutro.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|