Azua de Compostela
Azua de Compostela, chamada ás veces Compostela de Azua, é a capital da provincia de Azua, na República Dominicana. O usual é chamala simplemente Azua. A cidade é un pequeno centro urbano e comercial na costa sur da República Dominicana. Atópase a 97 km ao suroeste de Santo Domingo, na rexión administrativa El Valle.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | República Dominicana | |||
Provincias da República Dominicana | Provincia de Azua | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 91.345 (2010) (219,42 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 416,3 km² | |||
Altitude | 83 m | |||
Creación | 1504 (Gregoriano) | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 21 de novembro de 2001 | |||
Identificador | 1709 | |||
Posúa unha poboación de 87.024 habitantes (56.453 urbana e 30.571 rural) no 2002, nunha área de 432,95 km².