Aguia pescadora
A aguia pescadora[2] ou aguia peixeira[3] (Pandion haliaetus) é unha ave rapaz bastante grande e especializada en capturar peixes.
Aguia pescadora | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar no Parque Nacional de Nagarhole
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pandion haliaetus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución global de Pandion haliaetus
|
Anatomía
editarA aguia pescadora ten a plumaxe do peito branca, ás longas e estreitas que presentan nas extremidades pulseiras negras, o que lle dá unha aparencia distintiva. Está moi ben adaptada para o seu réxime alimentario: pode pechar o nariz para evitar a entrada da auga e as dedas están provistas dunha especie de escamas puntiagudas que lle facilitan ao agarre das presas. O seu voo é lento, alternando o planeo e o bater de ás. Aniña nos lagos e lagoas de auga doce, ás veces nas costas.
Habitualmente as femias son menos filopátricas cós machos, é dicir teñen menos apego cós machos ó territorio de nacemento[4], polo que adoitan ser estas as que se incorporan ó territorio controlado por un macho[4]. Emparéllanse de por vida; en marzo comezan un período de cinco meses de colaboración para construír o niño e coidaren aos aguiachos. As femias poñen 3 ou 4 ovos a fins de abril, chócanos durante cinco semanas, e os aguiachos comezan a voar oito semanas despois da eclosión. As aguias pescadoras que aniñan en Europa pasan o inverno en África. As do Canadá e os Estados Unidos invernan en América do Sur; os de Australia non migran.
Dende o século XIX sufriron unha forte persecución, que se prolongou ata os anos 70 do século XX[4]. Por aquel entón as aguias pescadoras estiveron a piques de se extinguir, pero dende a prohibición do DDT e políticas proteccionistas en moitos países dende 1970 a súa poboación está a se recuperar.
En Europa hai arredor de 8.000 parellas, sobre todo en Escandinavia, Escocia e Rusia. Na Península Ibérica só se reproduce nas Baleares, Canarias e Chafarinas, con arredor de 30 parellas. En Galicia é unha especie moi rara, tan só se pode ver nas épocas de migracións, sobre todo no esteiro do Miño.
En América hai de 20.000 a 30.000 parellas.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2013). "Pandion haliaetus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Casado E. e outros (Marzo 2016). "El águila pescadora: conecta!". Quercus 361.