A Nosa Terra (1916)
A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións[1]. Publicáronse en total 422 números.
A Nosa Terra | |
---|---|
Cabeceira do voceiro | |
Nº de páxinas | 8 |
Fundación | 14 de novembro de 1916 |
Remata | 17 de xullo de 1936 |
Director | Xosé Iglesias Roura Antón Villar Ponte Víctor Casas Alexandre Bóveda Aquilino Iglesia Alvariño Ramón Suárez Picallo |
Colaboradores | Manuel Lugrís Freire Roberto Blanco Torres Ramón Cabanillas Luís Amado Carballo Ricardo Carballo Calero Leandro Carré Alvarellos Castelao Evaristo Correa Calderón Xosé Filgueira Valverde Gonzalo López Abente Antón Losada Diéguez Manuel Antonio Xaime Quintanilla Luís Peña Novo Luís Porteiro Garea Aurelio Ribalta Vicente Risco Xoán Vicente Viqueira Ramón Suárez Picallo Xohán Antón Suárez Picallo |
Tendencia | galeguista |
Lingua | galego |
Periodicidade | decenal quincenal mensual |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Periodicidade
editarA Nosa Terra tivo unha periodicidade moi variábel. Comezou publicándose decenalmente para pasar a saír quincenalmente até a Ditadura de Primo de Rivera, na que saíu mensualmente. En xuño de 1933 regresou á periodicidade decenal.
Historia
editarO primeiro número saíu o 14 de novembro de 1916 na Coruña e contaba con oito páxinas. Na súa etapa coruñesa, a redacción e administración desta publicación estaba no despacho que tiña no Cantón Grande o avogado e escritor Xosé Iglesias Roura[2], que foi o seu primeiro director.[3] Antón Villar Ponte foi o seguinte director até a IV Asemblea das Irmandades da Fala (1922). A partir de entón Víctor Casas será quen leve o peso real da dirección, aínda que nominalmente foron directores Leandro Carré Alvarellos, Salvador Mosteiro Pena, Alexandre Bóveda, Aquilino Iglesia Alvariño en 1933 ou Ramón Suárez Picallo en 1934. O 1 de febreiro de 1932, pouco despois do nacemento do Partido Galeguista, converteuse no seu voceiro oficial e a redacción trasladouse a Pontevedra. En xuño de 1933 deixouse de publicar durante algún tempo por dificultades financeiras.
En 1917 contaba con 2 000 subscritores, en 1931 con 500 e en 1935 con 1 000, aínda que se descoñece a tiraxe exacta. Os recursos económicos da publicación proviñan das subscricións, da publicidade, das doazóns dos galegos de América e das Irmandades da Fala primeiro e o Partido Galeguista despois.
O 17 de xullo de 1936 saíu o seu derradeiro número.
Colaboradores
editarN'A Nosa Terra colaboraron case todos os intelectuais galeguistas do primeiro terzo do século XX:
- Manuel Lugrís Freire
- Roberto Blanco Torres
- Ramón Cabanillas
- Luís Amado Carballo
- Ricardo Carballo Calero
- Leandro Carré Alvarellos
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Evaristo Correa Calderón
- Xosé Filgueira Valverde
- Gonzalo López Abente
- Antón Losada Diéguez
- Manuel Antonio
- Xaime Quintanilla Martínez
- Lois Peña Novo
- Luís Porteiro Garea
- Aurelio Ribalta
- Vicente Risco
- Xoán Vicente Viqueira
- Ramón Suárez Picallo
- Juan Antonio Suárez Picallo
Notas
editar- ↑ McKevitt, Kerry Ann. “Os nosos irmáns: intercambios literarios entre a Xeración Nós e as Irmandades da Fala coas literaturas peninsulares (1918-1936)”. Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. "Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península". Barcelona. 28 ó 31 de maio de 2003. Ed. de Helena González e M. Xesús Lama. Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) / Filoloxía Galega (Universidade de Barcelona), 2007. ISBN 978-84-8485-266-7.
- ↑ Casas Rey, Víctor (1935). "Historia sintética do boletín A NOSA TERRA" (PDF). Nós (139-144): páx. 183–185. Consultado o 7 de outubro de 2010.
- ↑ González Beramendi, Justo (1996). O nacionalismo galego. Vigo: Edicións A Nosa Terra, páxina 97.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Nosa Terra |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: A Nosa Terra (1916) |
Bibliografía
editar- "Nosa Terra, A". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Ledo Andión, Margarita (2005). "Nosa Terra, A". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.