20th Century Studios
Twentieth Century Studios, tamén coñecida como 20th Century Studios (anteriormente coñecida por 20th Century Fox, 20th Century Fox Pictures ou simplemente FOX), é un dos seis maiores estudios de cinema estadounidenses. Localízase en Century City, na cidade dos Ánxeles, e, desde o 2019, o estudio é unha filial da compañía The Walt Disney Company.
20th Century Fox | |
---|---|
Tipo | Filial de The Walt Disney Studios |
Fundación | 31 de maio de 1935[1] (trala fusión da Fox Films (fundada en 1915) coa 20th Century Pictures, Inc. (fundada en 1933) |
Localización | Fox Plaza, Century City, Os Ánxeles, Estados Unidos |
Fundador | Joseph M. Schenck Darryl F. Zanuck |
Industria | Produción cinematográfica |
Produtos | Filmes e telefilmes |
Na rede | |
https://www.20thcenturystudios.com | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A compañía foi fundada o 31 de maio de 1935[1] como resultado da fusión entre a Fox Film Corporation, fundada por William Fox en 1915, e a Twentieth Century Pictures, fundada en 1933 por Darryl F. Zanuck, Joseph M. Schenck e William Goetz.
Entre as súas franquías cinematográficas máis coñecidas destacan a dos filmes de Star Wars, Ice Age, X-Men, Die Hard, Alien e O planeta dos simios. Na televisión atopamos series como The Simpsons, M*A*S*H, The X-Files, Family Guy, Glee e 24. Entre as actrices que acadaron gran popularidade grazas ó estudio destacan Shirley Temple, que foi a primeira estrela cinematográfica da compañía, Betty Grable, Gene Tierney, Marilyn Monroe e Jayne Mansfield. O estudio tamén foi o primeiro que contratou unha estrela do cine afroamericana, Dorothy Dandridge.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "20th Century Fox: Chronology". Consultado o 11 de maio de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 20th Century Studios |