Xïwaz Qaýırqızı Dospanova, nada en Qurmanğazı o 15 de maio de 1922 e finada en Almati o 21 de maio de 2008, foi unha política e militar casaca da época soviética, a única muller piloto casaca da segunda guerra mundial.

Modelo:BiografíaXïwaz Dospanova
Nome orixinal(kk) Хиуаз Қайырқызы Доспанова Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1922 Editar o valor en Wikidata
Kurmangazy, Casaquistán (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de maio de 2008 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Almati, Casaquistán Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKensai Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviadora, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Rama militarForza Aérea Soviética Editar o valor en Wikidata
Rango militarprimeiro tenente (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Naceu no litoral norte do Caspio. Seu pai, Qaýır, era pescador e súa nai, Merwert, mestra e ámbolos dous pertencían ao clan masqar da tribo baýulı. Non puido estudar na única escola casaca de Oral e formouse nunha escola rusa. Asistiu a un curso de formación de pilotos e en 1940 recibiu un certificado de piloto de reserva. Logo foi a Moscova e intentou ingresar na Academia da Forza Aérea pero tras rexeitala ingresou no Instituto Médico de Moscova. Ao estoupar a guerra intentou ir á fronte como enfermeira pero ao saber que a piloto Marina Raskova estaba a organizar un corpo de mulleres pilotos presentouse como voluntaria e aceptárona [1] e entrou a formar parte do 588º Rexemento de Bombardeo Nocturno, denominado dende 1943 46º Rexemento Tamán de Gardas de Bombardeo Nocturo, e as súas pilotos coñecidas polos alemáns co alcume de "bruxas da noite".

 
Un Polikarpov Po-2 semellante ao que Dospanova realizaba as súas misións aéreas.

O 1 de abril de 1943 nunha aterraxe tras unha misión ao Polikarpov Po-2 no que ela e Yuliya Pashkova voaban golpeouno a aeronave de Polina Makagon e Lydia Svistunova. No accidente morreron Makagon e Svistunova e Pashkova morreu durante unha intervención cirúrxica de urxencia. Nun primeiro momento deron por morta a Dospanova ao non se mover pero aínda vivía e tras varias cirurxías que lle practicaron durante varios días logrou sobrevivir sen amputacións malia a gangrena que se desenvolveu nas súas dúas pernas. Seis meses despois volveu á súa unidade e ao pouco, polas dificultades que tiña para camiñar e precisar axuda para entrar e saír do seu aeroplano, pasou a dirixir a oficina de comunicacións da unidade. Non obstante, aínda voou como copiloto en misións de combate, totalizando un total de 300 misións ao final da guerra, e tomou parte en batallas ao longo da Europa Oriental, dende ao Cáucaso, Kubán, Tamán, Crimea, Polonia ou Alemaña[2][3].

Logo de volver da fronte ofrecéronlle traballar para o Partido Comunista de Casaquistán (PCUS) e acudiu á escola de dirixentes do partido en Almati e despois traballou como instrutora do partido en Casaquistán Occidental, foi secretaria do Comité Central do Komsomol de Casaquistán. En 1951 elexírona deputada do Soviet Supremo da RSS de Casaquistán na primeira sesión designárona secretaria do Presídium do SS da RSS de Casaquistán e foi tamén secretaria do comité do partido en Almati. Retirouse da vida pública en 1959 ao deteriorarse a súa saúde por mor das lesións sufridas durante a guerra. Escribiu dous libros de memorias de guerra, en 1960 publicou en ruso Pod komandovaniem Raskovoii[4] e en 1963 en casaco Xalqım üşin[5].

O 7 de decembro de 2004 un decreto presidencial recoñecíaa como heroína de Casaquistán.

  1. "Қаһарман қыз Хиуаз". Ana Tili, 20 de xaneiro de 2010
  2. Dryagina, Irina (2007). Записки летчицы У-2. Moscow: Tsentrpoligraf. pp. 62–63. 
  3. Rakobolskaya, Irina; Kravtsova, Natalya (2005). Нас называли ночными ведьмами: так воевал женский 46-й гвардейский полк ночных бомбардировщиков. Moscova: Universidade de Moscova. pp. 70–71. ISBN 5211050088. OCLC 68044852. 
  4. "Две Судьбы – Одно Небо". Zhardem. 28 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  5. "Әуе амазонкалары: Хиуаз Доспанова". e-history.kz. 19 de xullo de 2019.