Walter Burley Griffin
Walter Burley Griffin, nado en Maywood o 24 de novembro de 1876 e finado en Lucknow o 11 de febreiro de 1937, foi un arquitecto estadounidense, famoso por deseñar xunto á súa esposa Marion Lucy Mahony a cidade de Camberra, destinada a ser a nova capital de Australia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1876 Maywood, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 11 de febreiro de 1937 (60 anos) Lucknow, India |
Causa da morte | peritonite |
Lugar de sepultura | Lucknow Cantonment Military Cemetery (en) |
Educación | Universidade de Illinois en Urbana-Champaign (–1899) Oak Park and River Forest High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, paisaxista, urbanista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Marion Mahony Griffin |
Traxectoria
editarWalter era o maior de catro fillos de George Walter Griffin, un axente de seguros, e Estelle Griffin. A súa familia mudouse a Oak Park e despois a Elmhurst durante a súa infancia. De neno interesouse moi pronto polas paisaxes e os xardíns e os seus pais permitíronlle arranxar ao seu gusto o xardín da súa casa en Elmhurst. Griffin fixo os seus estudos superiores no Oak Park High School. O deseñador de paisaxe O.C. Simonds convenceuno para estudar unha carreira de arquitectura.
Recibiu o seu título de arquitecto na Universidade de Illinois en 1901, aprobou a licenza de llinois que lle permitía a práctica privada como arquitecto e comezou a traballar como empregado con Frank Lloyd Wright no seu estudo de Oak Park, permanecendo alí ata 1905, momento en que se foi logo dunha disputa sobre ser remunerado polo seu traballo con divisa xaponesa no canto de moeda norteamericana, xusto despois de que Wright regresara do Xapón. Mentres traballaba con Wright coñeceu a Marion Lucy Mahony, persoa responsable de variadas modelaxes de perspectivas de edificios nos traballos de arquitectura de paisaxe de Wright, e casou con ela en 1911. Tralo matrimonio, Mahony comezou a traballar con Griffin.[1]
Abriu o seu propio despacho, concentrándose primordialmente en encargos residenciais. Eventualmente contratou os antigos empregados e colegas de Wright, Francis Barry Byrne e Harry Robinson. En 1912 Griffin gañou un concurso para deseñar a nova cidade capital Camberra en Australia. El e Marion viaxaron cara a Australia en 1913[2] para supervisar o deseño e a construción da nova capital, xunto con outros encargos que Walter recibira á parte. Deixou a Francis Barry Byrne administrando a oficina de Chicago, mentres que Marion dirixía unha oficina en Sydney e Walter se atopaba a cargo do despacho en Melbourne.
Walter exerceu a arquitectura durante vinte e un anos en Australia antes de partir cara a Lucknow (India), para deseñar a Biblioteca da Universidade de Lucknow. Griffin faleceu de peritonite a comezos de 1937, cinco días despois dunha cirurxía de vesícula no King George's Hospital de Lucknow no estado de Uttar Pradesh (India) e foi enterrado no cemiterio cristián desa cidade. Marion Mahony Griffin supervisou a finalización do Pioneer Building en que estaban traballando no momento da súa morte. Ela pechou as oficinas da India, deixou o despacho australiano en mans do socio de Griffin, Eric Milton Nicholls, e volveu a Chicago.[3]
Obras principais
editarIndia
editar- Biblioteca da Universidade de Lucknow, en Lucknow(Uttar Pradesh)
- Dr Bhatia's Residence, en Lucknow
Estados Unidos
editar- G.B. Cooley House,1908 South Grand St., Monroe, Louisiana
- Alfred W. Hebert House Remodeling, 1902, Evanston, Illinois
- W.H. Emery House, 1903, Elmhurst, Illinois
- Adolph Mueller House, 1906
- John Dickinson House, 10034 Cienega Road Hollister, California 1906
- Mary H. Bovee Apartment, 1907
- John Gauler House, 1908, Chicago, Illinois
- William S. Orth House, 1908, Winnetka, Illinois
- Edmund C. Garrity House, 1909
- Ralph Griffin House, 1909, Edwardsville, Illinois
- Edmund C. Garrity House, 1712 W. 104th Place, Chicago, Illinois, 1909
- William B. Sloan House, 1910
- Frank N. Olmstead House, 1624 W. 100th Place, Chicago, Illinois, 1910
- Harry N. Tolles House, 10561 S. Longwood Drive, Chicago, Illinois, 1911
- Harry G. Van Nostrand House, 1666 W. Griffin PIace, Chicago, Illinois, 1911
- Russell L. Blount House I, 1724 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, 1911
- Benjamin J. and Mabel T. Ricker House, Grinnell, Iowa, 1911-1912
- Joshua Melson House, 1912, Mason City, Iowa
- Russel L. Blount House II, 1950 W. 102nd Street, Chicago, Illinois, 1912–1913
- Jenkinson House, 1727 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, 1912–1913
- Walter D. Salmon House, 1736 W. Griffin PIace, Chicago, Illinois, 1912–1913
- Newland house, 1737 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, 1913
- Ida E. Williams House, 1632 W. Griffin Place, Chicago, Illinois (baseado nos plans de Von Nostrand, construído por Blount), 1913
- William R. Hornbaker House, 1710 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, (baseado nos plans de Von Nostrand, construído por Blount), 1914
- James Frederic Clarke House, 1731 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, (baseado nos plans de Von Nostrand, construído por Blount), 1913
- Harry C. Furneaux House, 1741 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, (baseado nos plans de Von Nostrand, construído por Blount), 1913
- James Blyth House, Mason City, Iowa
- Stinson Memorial Library, Anna, Illinois
Australia
editar- Plan de Canberra, 1914–1920
- Plan urbano de Leeton, 1914
- Plan urbano de Griffith, 1914
- Plan urbano de Eaglemont, 1915
- Paris Theatre, Sydney, 1915 (demolido en 1981)
- Newman College, Universidade de Melbourne, 1916–1918
- Café Australia, Melbourne, 1916
- Capitol Theatre, Melbourne 1924
- Palais de danse, St Kilda 1925 (destruído polo lume)
- Leonard House, Elizabeth Street Melbourne 1925 (demolida)
- Castlecrag, plan do suburbio, 1925
- Fishwick House, completado en 1929[4]
- Castle Cove, plan do suburbio, 1930
- Incinerador Willoughby, completado en 1932[5]
- Duncan House (Castlecrag), completada en 1934[6]
- Eric Pratten House, en Pymble, Sydney, completado en 1936[7]
- Incinerador Hindmarsh, Australia do Sur, completado en 1936[8]
- Pyrmont Incinerator, completado en 1936 (demolido en 1992)
- Thebarton Incinerator, South Australia, completado en 1937[9]
- Walter Burley Griffin Incinerator, Ipswich, completada en 1992[10]
Galería
editar-
Newman College
-
Newman College interior of the dining room
-
Capitol Theatre
-
Tumba para o xeneral Bridges, deseñada por Griffin
-
Incinerador Hindmarsh en Brompton
-
Incinerador Thebarton Thebarton
-
Eric Pratten House, tamén chamada Coppins, en Pymble, Sydney
Notas
editar- ↑ Marion Mahony en www.pbs.org
- ↑ Vernon, Christopher; National Archives of Australia; National Library of Australia (2013). The dream of a century : the Griffins in Australia's capital. Canberra National Library of Australia. Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ "Walter Burley Griffin Society, Inc., Walter Burley Griffin". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2019. Consultado o 30 de abril de 2019.
- ↑ The Fishwick House
- ↑ Walter Burley Griffin Incinerator
- ↑ Duncan House
- ↑ Eric Pratten House
- ↑ Building Details - Architects of South Australia > Hindmarsh Incinerator Consultado o 13 de maio de 2014.
- ↑ Building Details - Architects of South Australia > Thebarton Incinerator Consultado o 13 de maio de 2014.
- ↑ Walter Burley Griffin Incinerator (former). Consultado o 30 de abril de 2019
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Walter Burley Griffin |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Bibliografía
editar- Birrell, James. 1964. Walter Burley Griffin. University of Queensland Press
- Gebhard, David & Gerald Mansheim, Buildings of Iowa, Oxford University Press, Nova York, 1993
- Gebhard, David. "The Suburban House and the Automobile." The Car and the City: The Automobile, the Built Environment and Daily Urban Life. Ann Arbor: University of Michigan Press, 1991: 106,123.
- Kruty, Paul. 2000. Griffin, Walter Burley. American National Biography Online. Oxford University Press
- MacMahon, Bill (2001). The Architecture of East Australia. Edition Axel Menges. ISBN 3-930698-90-0.
- Mason City Iowa, An Architectural Heritage, Department of Community Development, City of Mason, Iowa, 1977
- Maldre, Mati e Paul Kruty, Walter Burley Griffin in America, University of Illinois Press, Urbana, 1996
- McGregor, Alasdair, 'Grand Obsessions: The life and work of Walter Burley Griffin e Marion Mahony Griffin, Penguin/Lantern, Camberwell, Victoria, 2009
- Walker, M., Kabos, A. e Weirick, J. (1994) Building for nature : Walter Burley Griffin and Castlecrag, Castlecrag, N.S.W. : Walter Burley Griffin Society (ISBN 0-646-18133-5)
- Wilson, Richard Guy e Sidney K. Robinson, The Prairie School in Iowa, Iowa State University Press, Ames, 1977
Ligazóns externas
editar- Walter Burley Griffin Society (Australia)
- Walter Burley Griffin and Marion Mahony Griffin architectural drawings, circa 1909-1937.Held by the Department of Drawings & Archives, Avery Architectural & Fine Arts Library, Columbia University.
- The Griffin Legacy, National Capital Authority
- Imagining Canberra in Chicago from the ABC
- Reading the past in the Walter Burley Griffin Incinerator and Fishwick House at Willoughby, NSW (educational resources)
- Castlecrag Progress Association
- "Paris Theatre". Dictionary of Sydney. Dictionary of Sydney Trust. 2008. Consultado o 11 de outubro de 2015.[CC-By-SA]
- Great Buildings Online: works of Walter Burley Griffin (includes links to W.H.Emery House, 1903; Ralph Griffin House, 1909; Adolph Mueller House, 1906; Joshua Melson House, 1912; and Stinson Memorial Library, 1913)
- Walter Burley Giffiin, The Prairie School of Architecture
- Stinson Memorial Public Library (includes history of Stinson Library construction)
- The Walter Burley Griffin Society of America
- Mary Mahoney Griffin's Manuscript, The Magic of America: Ryerson & Burnham Libraries: Archives Collection