Vairë é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion. É unha dos Valar, os seres anxelicais que custodian e gobernan Arda (o mundo no universo de Tolkien). O seu nome quere dicir Tecelá en Quenya.

Vairë é a esposa de Mandos, e a encargada de tecer todos os acontecementos que tiveron lugar desde o comezo dos tempos en forma de redes, que cobren as Estancias de Mandos, en Valinor. Malia ter este destacado papel, Vairë apenas intervén na historia que se conta n'O Silmarillion: Tolkien só a menciona no Valaquenta, onde ofrece unha breve descrición.

Noutras versións do legendarium

editar

Nalgúns dos escritos máis temperáns de Tolkien aparece unha Vairë diferente. En The Book of Lost Tales, era unha Elfa de Tol Eressëa. Ela e máis o seu esposo Lindo cóntanlle ao mariñeiro humano Ælfwine/Eriol as historias que máis tarde se converterían no Quenta Silmarillion.