The Legend of Zelda
videoxogo
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura.
A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda. Para conseguilo, terá que emprega-la espada do poder e a triforza. Nalgunhas das aventuras contará coa colaboración dunha fada e de diversos personaxes cos que se atopará na aventura.