República Federal de Iugoslavia
A República Federal de Iugoslavia foi un estado federal formado polas repúblicas de Serbia e de Montenegro en 1992 e que no ano 2003 foi renomeado por Serbia e Montenegro. A capital foi a cidade de Belgrado.
Савезна република Југославија/Savezna Republika Jugoslavija (sr) | |||||
Himno | Hej, Sloveni | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Belgrado | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.659.979 (2002) (104,15 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua serbia | ||||
Relixión | cristianismo ortodoxo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 102.350 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 27 de abril de 1992 | ||||
Disolución | 4 de febreiro de 2003 | ||||
Sucedido por | Serbia e Montenegro | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
Moeda | dinar iugoslavo (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Dominio de primeiro nivel | .yu | ||||
Código de país | sen valor e YU | ||||
Sitio web | srbija.gov.rs |
Historia
editarO novo Estado
editarTras a caída da República Federal Socialista de Iugoslavia entre 1991 e 1992, só Serbia e Montenegro acordaron manter o estado iugoslavo, e estableceron unha nova constitución para unha nova Iugoslavia en 1992. Coa caída do comunismo na Europa do Leste, o novo estado seguiu a onda de cambios e non reviviu a estrutura do partido comunista (que fora disolta en 1990). O novo estado deixou a simboloxía comunista: a estrela vermella foi retirada da bandeira, e o escudo de armas comunista foi substituído por unha aguia bicéfala coas armas de Serbia e de Montenegro. Outros cambios foron introducidos como renomear a policía ata entón Milicija (Милиција) por Policija (Полиција); as dúas repúblicas terían as súas propias forzas. O novo estado estableceu un goberno baseado nun sistema dun só presidente, que sería elixido de xeito democrático, así coma un parlamento democrático.
Serbia e Montenegro
editarNo 2002 os gobernos das dúas repúblicas que conformaban a federación chegaron a un novo acordo co propósito de mellorar a cooperación entre as dúas. O 4 de febreiro do 2003, aprobouse unha nova Carta Constitucional, o estado foi reestruturado, e cambiouse o nome polo de Unión dos Estados de Serbia e Montenegro. Porén diversos grupos comezaron a premer pola independencia de Montenegro, que finalmente foi aprobada o 21 de maio de 2006 e declarada o 3 de xuño de 2006.