Partido Nacional (Suráfrica)

partido político de Suráfrica

O Partido Nacional (en afrikaans: Nasionale Party, NP) foi o partido do goberno da Suráfrica de 1948 a 1994, que promoveu políticas de apartheid e a promoción da cultura afrikaans.

Partido Nacional
Historia
Fundación1 de xullo de 1914
Disolución1997
Posicións políticas
IdeoloxíaApartheid
Anticomunismo
Conservadorismo
Nacionalismo afrikaans
Populismo
Republicanismo
Autoritarismo
Outros datos
SedeCidade do Cabo
Na rede
Páxina oficial

O partido, na década de 1980, comezou a perder apoio da á máis conservadora, que viría a formar o Partido Conservador, polo proceso gradual para pór fin ó réxime de apartheid.[1] Após a chegada de Frederik Willem de Klerk, en 1989, ó liderado do partido e do país, o apartheid foi disolto, foi permitido a inscrición de partidos e a liberación de varios presos políticos, como Nelson Mandela.[2] Con esta liberalización, o partido permitiu a inscrición a persoas de todas as razas, moderou o seu programa e tornouse un partido conservador clásico, de centro dereita.[3]

O partido foi disolto en 1997, sendo sucedido polo Novo Partido Nacional, que en 2005 tamén foi disolto, tras se fundir cos antigos rivais do Congreso Nacional Africano.[4]

  1. Anonymous (30 de marzo de 2011). "National Party (NP)". South African History Online. 
  2. Anonymous (30 de marzo de 2011). "National Party (NP)". South African History Online. 
  3. Anonymous (30 de marzo de 2011). "National Party (NP)". South African History Online. 
  4. Anonymous (30 de marzo de 2011). "National Party (NP)". South African History Online. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar