Nuuk (do groenlandés: O cabo, tamén Nûk), coñecida até 1979 como Godthåb (do dinamarqués: Boa Esperanza) é a capital e principal cidade do territorio autónomo danés de Groenlandia. Áchase a 240 km ao sur do Círculo Polar Ártico, e a 485 km ao noroeste de Qaqortoq. Sitúase na boca sur dun grupo de fiordes chamados Godthåbsfjorden, cunha poboación de 16.992 habitantes (2015), unha cuarta parte da poboación de Groenlandia.

Modelo:Xeografía políticaNuuk
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 64°10′30″N 51°44′00″O / 64.175, -51.7333
EstadoDinamarca
País autónomoGroenlandia
ConcelloSermersooq Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación18.326 (2020) Editar o valor en Wikidata (26,7 hab./km²)
Lingua oficialLingua groenlandesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie686,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Creación1721 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3900 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico31, 32, 33, 34, 35 e 36 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina websermersooq.gl Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A costa suroeste de Groenlandia foi poboada por colonos viquingos procedentes de Islandia e Noruega dirixidos por Erik o Vermello a finais do século X. Tras varios séculos de ocupación, a comunidade viquinga desapareceu en torno ao século XV, sendo substituída polos inuit procedentes do norte da illa.

Nuuk foi fundada baixo o nome de Godthåb o 29 de agosto de 1728 polo misioneiro noruegués Hans Egede, tralo malogrado establecemento, sete anos antes (1721), dun asentamento na próxima illa de Håbets Ø (Illa da Esperanza). Con iso iniciouse a colonización do lugar (baixo a coroa noruegués-danesa), que nos seus primeiros anos foi bastante adversa: en 1733-1734 unha pequena epidemia de vexigas acabou coa vida da maioría da poboación inuit, e coa da esposa do propio Egede, o cal regresou a Noruega pouco despois. Os seus fillos continuaron o seu labor evanxélica en Groenlandia. No porto antigo de Nuuk aínda se erixe hoxe día a casa de Egede. Os seus habitantes de orixe danesa aínda adoitan referirse a ela como Godthåb, aínda que desde 1979 o nome groenlandés, Nuuk, é o nome oficial da cidade. É a sede do goberno da comuna de Nuuk, que abarca uns 100.000 km² da illa.

Nuuk dispón dunha emisora de radio, un hospital, unha universidade (a Universidade de Groenlandia, Ilisimatusarfik), un centro cultural (Katuaq), un aeroporto (Nuuk Airport, onde opera Air Greenland) e diversas instalacións de investigación científica. A pesca, o procesado do peixe, a caza e a cría de renos e de gando ovino son as principais actividades económicas da cidade.

En Nuuk, como en toda Groenlandia, o bioma predominante é a tundra. Os invernos son fríos e nevados, nos cales as temperaturas permanecen por baixo do nivel de conxelación, e os veráns son frescos. A temperatura media anual é de -1,4 °C, cunha oscilación anual de 14,9 °C. O mes máis frío é xaneiro, cunha media de -8,4 °C e o máis caloroso é xullo, con 6,5 °C; tan só supéranse os 0 °C durante catro meses ao ano. As precipitacións anuais son de 723 mm, a maior parte en forma de neve, aínda que nos meses máis cálidos estas caen en forma de choiva. A temperatura mínima histórica rexistrada (a partir de 1850) é de -29,5 °C, mentres que a máxima é 24,2 °C.[1]

Sitios de interese

editar
  • Centro Cultural Katuaq
  • Universidade de Groenlandia[2]
  • Museo Nacional de Groenlandia
  • Nuuk Kunstmuseum
  • Kalaallit Nunaata Radioa Greenlandic Broadcasting Corporation

Habitantes notables de Nuuk

editar
 
Centro de Nuuk.
 
Foto aérea de Nuuk.

Cidades irmandadas

editar

Deportes

editar
  • Godthåbhallen – Estadio de Balonmano de Nuuk.
  • Nuuk Stadium – Estadio de fútbol de Nuuk.

 

Vista panorámica de Nuuk desde preto da estatua de Hans Egede.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar