Mary McDonnell
Mary Eileen McDonnell, nada en Wilkes-Barre (Pensilvania), o 28 de abril de 1952, é unha actriz estadounidense.
(2015) | |
Nome orixinal | (en) Mary Eileen McDonnell |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de abril de 1952 (72 anos) Wilkes-Barre, Estados Unidos de América |
Residencia | Os Ánxeles |
Educación | State University of New York at Fredonia (en) Ithaca High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz |
Período de tempo | Século XXI |
Período de actividade | 1978 - |
Familia | |
Cónxuxe | Randle Mell (1984–) |
|
Traxectoria
editarMcDonnell naceu en Wilkes-Barre, Pensilvania, e creceu en Ithaca, Nova York. É filla de Eileen (de solteira Mundy) e John "Jack" McDonnell, asistente informático.[1] Os seus irmáns son Jane, Sally, Judith, Jackie e John.[2] É de ascendencia irlandesa.[3] Tras graduarse da State University of New York at Fredonia, estudou arte dramática e uniuse ao Long Wharf Theatre de New Haven, Connecticut.
McDonnell gañou un premio Obie á mellor actriz en 1981 polo seu traballo na obra Still Life.[4] En Broadway, participou en produción de Execution of Justice, The Heidi Chronicles e Summer and Smoke.
Despois de máis de vinte e un anos de traballo no teatro e na televisión, McDonnell revelouse no cinema en 1990 interpretando a filla duns colonos estadounidenses criada polos síux en Dances with Wolves, de Kevin Costner. Interpretaba a filla adoptada pola personaxe de Graham Greene con 37 anos, só dez meses máis nova que Greene e menos de dous anos máis nova que Tantoo Cardinal, que interpretaba a súa nai adoptiva. Foi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria por este papel.[5] O seu papel en Passion Fish (1992) proporcionoulle outra candidatura ao Óscar, nesta ocasión á mellor actriz.[6]
Na televisión, McDonnell tivo o seu primeiro papel recorrente en 1980 na telenovela As the World Turns. Protagonizou en 1984 a comedia médica de pouco éxito E/R e por coincidencia tamén apareceu en 2001 na serie médica da NBC do mesmo título ER, pola que foi candidata ao Emmy polo seu papel de Eleanor Carter. Interpretou a Dra. Virginia Dixon, cirurxiá con síndrome de Asperger en tres capítulos de Grey's Anatomy en 2008 e 2009.[7] En 2003, McDonnell protagonizou a miniserie Battlestar Galactica como Laura Roslin. A miniserie deu lugar a unha serie semanal en que McDonnell volveu interpretar o papel de Laura Roslin. A serie rematou en marzo de 2009. McDonnell participou nunha sesión especial titulada Battlestar Galactica no World Science Festival de 2009.[8]
En 2011, interpretou o papel de Kate Roberts, nai de Emma Roberts en Scream 4.[9]
De 2009 a 2012, McDonnell tivo un papel recorrente en The Closer como capitán Sharon Raydor, capitán de policía na Force Investigation Division, que ás veces se enfronta á personaxe de Kyra Sedgwick.[10] McDonnell recibiu unha candidatura ao Emmy en 2011 por ese papel.[11]
Despois da temporada final de The Closer en 2012 a personaxe de McDonnell continuou como protagonista do spin-off, Major Crimes, que se estreou o 13 de agosto de 2012 e rematou en xaneiro de 2018.[12]
Vida persoal
editarMcDonnell casou co actor Randle Mell e xuntos tiveron dous fillos, Michael e Olivia.[13] En decembro de 2021 a parella rematou a súa relación.[14]
Filmografía
editarAno | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1984 | Garbo Talks | Lady Capulet | |
1987 | Matewan | Elma Radnor | |
1988 | Tiger Warsaw | Paula Warsaw | |
1990 | Dances with Wolves | Stands with a Fist | |
1991 | Grand Canyon | Claire | |
1992 | Passion Fish | May-Alice Culhane | |
1992 | Sneakers | Liz | |
1994 | Blue Chips | Jenny Bell | |
1996 | Independence Day | First Lady Marilyn Whitmore | |
1996 | Mariette in Ecstasy | Prioress | |
1997 | Woman Undone | Terri Hansen | |
1998 | You Can Thank Me Later | Diane | |
1999 | Mumford | Althea Brockett | |
2001 | Donnie Darko | Rose Darko | |
2003 | Nola | Margaret Langworthy | |
2004 | Crazy Like a Fox | Amy Banks | |
2011 | Scream 4 | Kate Roberts | |
2011 | Margin Call | Mary Rogers | |
2021 | The Witcher: Nightmare of the Wolf | Lady Zerbst | Voz |
Notas
editar- ↑ Butkiewicz, Joe (18 de febreiro de 1993). "Mary McDonnell Nominated for Best Actress". Times Leader. Wilkes-Barre. pp. 1 & 2B. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 2017-04-06.
- ↑ Family Search, consultado o 8/16/2014
- ↑ "Mary McDonnell". Entertainment Weekly. Consultado o 30 de novembro de 2017.
- ↑ "81".
- ↑ "The 63rd Academy Awards | 1991".
- ↑ "The 65th Academy Awards | 1993".
- ↑ "Zap2it Interview". MSNBC. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2008. Consultado o 13 de novembro de 2008.
- ↑ Battlestar Galactica World Science Festival, Xuño 10–14, 2009, Nova York
- ↑ Creepy, Uncle (2 de xullo de 2010). "And the Body Count Continues – More Scream 4 Casting: Mary McDonnell and Alison Brie". Dreadcentral.com. Consultado o 18 de xullo de 2011.
- ↑ Ausiello, Michael (22 de marzo de 2009). "'The Closer' exclusive: It's McDonnell vs. Sedgwick!". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2009. Consultado o 2 de marzo de 2009.
- ↑ "Primetime Emmy Awards nominations for 2011 – Outstanding Guest Actress In A Drama Series". Emmys.com. Consultado o 18 de xullo de 2011.
- ↑ Fienberg, Daniel (18 de maio de 2011). "TNT orders 'Closer' spinoff 'Major Crimes' starring Mary McDonnell". HitFix. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 31 de maio de 2011.
- ↑ "Mary Mcdonnell Biography". TV Guide.
- ↑ "'Battlestar Gallactica' Star Mary McDonnell & Husband Randle Mell Split". Extra. 10 de decembro de 2021. Consultado o 10 de decembro de 2021.