Macho
Un macho (do latín másculus) é un ser vivo (animal ou vexetal) que posúe órganos reprodutivos masculinos. O nome para o macho humano é home. O seu oposto é femia.
Do termo "macho" deriva "machismo", o cal é visto na teoría de xénero como unha conduta derivada do sistema patriarcal que ve as mulleres e aos homosexuais como suxeitos dignos de dominación ou humillación.
Outros significados
editar- En mecánica (fabricación de ferramentas e carpintería), chámase "macho" á peza que encaixa dentro doutra.
- O primeiro sarmento da videira.
- Peza da rella do arado
- Martelo grande do ferreiro, usado para forxar o ferro na incre.
- Mula: híbrido de asno e egua, sempre estéril. O macho chámase simplemente macho.