Guachetá

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Guachetá é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Ubaté, a 118 km de Bogotá. Coñecido pola súa produción de carbón mineral e o gando leiteiro, deuse a coñecer como a "Cidade Carbonífera e Leiteira de Colombia". É considerado un destino turístico polas súas rochas perfectas para a escalada.

Modelo:Xeografía políticaGuachetá
Imaxe

Localización
Mapa
 5°23′08″N 73°41′08″O / 5.3856, -73.6856
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie177,45 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.688 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorGonzalo Jiménez de Quesada Editar o valor en Wikidata
Creación1537 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata

Sitio webguacheta-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Toponimia

editar

O topónimo Guachetá, en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «Labranza do noso cerro» ou «Labranza do Mancebo».

Historia

editar

Na época precolombiana, os muiscas tiñan en Guachetá un templo dedicado a Sué, deus do Sol. O poboado indíxena de Guachetá foi o primeiro casarío muisca de Cundinamarca co que se atoparon os españois ó mando de Gonzalo Jiménez de Quesada, o luns 12 de marzo de 1537, denominándoo San Gregorio por coincidir a festa deste santo co día da súa chegada. Os guachetunos entregáronlles ós españois, como signo de amizade, comida, agasallos, ouro e esmeraldas. Foi tan amable o recibimento, que dende entón os españois consideraron a Guachetá unha terra de paz e liberdade. Frei Domingo de las Casas, que viña en compañía de Jiménez de Quesada, bautizou a dous nenos muiscas de Guachetá. Como recompensa polos bos servizos prestados ós españois, o Rei premiou ós habitantes de Guachetá cunha Cédula Real que os facía exentos de ir á mita, como si o tiñan que facer as demais vilas conquistadas.[1][2]

  1. Goot, José Manuel. Historia eclesiástica y civil de la Nueva Granada Tomo I (Bogotá, Casa Editorial de Medardo Rivas & Cía.; 1889), Cap. IV, p. 55
  2. "Sitio oficial de la Alcaldía Municipal de Guachetá - Información general - Historia (Consultado o 24 de xaneiro de 2018).". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 08 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar