Gasherbrum II
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
O Gasherbrum II (tamén chamado K4), con 8.035 metros é a décimo terceira montaña do mundo pola súa altura. Tense por un dos picos máis accesíbeis entre os que superan os oito mil metros de altura, e só o Everest e o Cho Oiu gozan de máis ascensións.
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Prefeitura de Kashgar, República Popular da China (pt) | |||
| ||||
Cordilleira | Gasherbrum (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 8.034 m | |||
Prominencia topográfica | 1.524 m | |||
Illamento topográfico | 5,26 km | |||
Clasificación dos cumes | Oitomil | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
7 de xullo de 1956 | primeira ascensión, ⇒ Hans Willenpart (en) , Sepp Larch (en) , Fritz Moravec (en) | |||
A ruta normal de escala é a través da aresta suroeste, xa que está relativamente libre de perigos obxectivos, como o xeo e os aludes. Unha expedición típica tarda unhas 7 ou 8 semanas e os permisos de escalada roldan os 7.500 dólares, para cinco alpinistas.
O Gasherbrum II foi escalado por primeira vez o 8 de xullo de 1956 por Fritz Moravec, Josef Larch e Hans Willenpart, dunha expedición austríaca.
Situación
editarO Gasherbrum II está situado na fronteira entre Paquistán e a China, coas coordenadas 35º 45' 31" N e 76º 39' 10" E. Forma parte do macizo do Gasherbrum, á súa vez integrado no cordal do Karakorum, que é un ramal occidental do Himalaia. Todo ese macizo dos Gasherbrum forman a cabeceira do glaciar de Baltoro, moi próximo ao K2, polo que compartiran as primeiras exploracións da zona.
Denominacións
editarO nome Gasherbrum procede do balto rgasha brum que significa "montaña fermosa". Nos primeiros recoñecementos topográficos do Karakorum foi bautizado como K4 (é dicir como cuarto pico do Karakorum).
Ascensos
editarO 7 de xullo de 1956, ás once e media da mañá os austríacos Sepp Larch, Fritz Moravec e Hans Willempart pisaron o cume do Gasherbrum II. Formaban parte dunha expedición patrocinada pola Sociedade Austríaca do Himalaia. Utilizaron na súa escalada a ladeira do suroeste.
En 1980, os cataláns Pere Aymerich e Enric Font, en colaboración cunha cordada xaponesa, coroaron a cima da montaña.
No 2000 o guipuscoano Félix Iñurrategui chegou ao cume do Gasherbrum II.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gasherbrum II |