Furia de titáns
Furia de titáns (en inglés: Clash of the Titans) é un filme estadounidense dirixido por Louis Leterrier baseado no filme de 1981 Loita de titáns. A historia trata sobre o mito grego de Perseo.
Furia de titáns | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Clash of the Titans |
Director | Louis Leterrier |
Produtor | Basil Iwanyk Kevin De La Noy Richard D. Zanuck |
Guión | Lawrence Kasdan Travis Beacham Phil Hay Matt Manfredi |
Baseado en | Loita de titáns de Beverley Cross |
Intérpretes | Sam Worthington Gemma Arterton Mads Mikkelsen Alexa Davalos Ralph Fiennes Liam Neeson |
Música | Ramin Djawadi |
Fotografía | Peter Menzies Jr. |
Montaxe | Vincent Tabaillon Martin Walsh |
Estudio | Legendary Pictures The Zanuck Company |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 2010 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Acción, Épico |
Orzamento | $125 000 000[1] |
Recadación | $493 214 993 |
Filme seguinte | Ira de titáns |
Na rede | |
http://www.clash-of-the-titans.com/ | |
Sinopse
editarPerseo (Sam Worthington) é fillo do deus Zeus (Liam Neeson) e a esposa humana de Acrisio (Jason Flemyng) rei de Argos. Noutras palabras: Perseo é un semi-deus. Ó decatarse do sucedido, Acrisio asasina a súa muller e enterra o cadáver xunto ó bebé acabado de nacer nun cadaleito que guinda ó mar. Por esta acción, o home é convertido en besta. Namentres, o pescador Dictis (Pete Postlethwaite) atopa o cadaleito e adopta o meniño.
Os habitantes de Argos, liderados polo seu rei, destrúen unha estatua adicada a Zeus, e o seu irmán envexoso Hades (Ralph Fiennes) decide vingarse por iso e mátaos, incluída a familia adoptiva de Perseo. Os soldados logran rescatalo e Hades aparece para advertilos de algo: no próximo eclipse de Sol, o demo Kraken destruirá a cidade en vinganza. A única solución é sacrificar a princesa Andrómeda (Alexa Davalos).
Coa axuda de oito soldados e dous cazadores, Perseo liderará un grupo para salvar a cidade e vingarse do asasinato da súa familia adoptiva, para así evitar que o seu tío logre derrocar a seu pai, do cal recibe axuda momentaneamente. Liderando unha banda de bravos guerreiros e acompañado por Ío (quen o protexeu dende que era un bebe), Perseo emprende unha perigosa viaxe meténdose en mundos prohibidos.
Personaxes
editar- Sam Worthington como Perseo
- Liam Neeson como Zeus
- Ralph Fiennes como Hades
- Gemma Arterton como Ío
- Alexa Davalos como Andrómeda
- Mads Mikkelsen como Draco
- Jason Flemyng como Acrisio
- Tine Stapelfeldt como Danaë
- Nicholas Hoult como Eusebius
- Hans Matheson como Ixas
- Liam Cunningham como Solon
- Ian Whyte como Sheikh Sulieman
- Pete Postlethwaite como Spyros
- Elizabeth McGovern como Marmara
- Polly Walker como Casiopea
- Vincent Regan como Cepheus
- David Kennedy como Xeneral
- Kaya Scodelario como Peshet
- Luke Treadaway como Prokopion
- Danny Huston como Poseidón
- Izabella Miko como Atenea
- Tamer Hassan como Ares
- Luke Evans como Apolo
- Nathalie Cox como Artemisa
- Nina Young como Hera
- Agyness Deyn como Afrodita
- Paul Kynman como Hefesto
- Alexander Siddig como Hermes
- Charlotte Comer como Deméter
- Jane March como Hestia
- Natalia Vodianova como Medusa
- Mouloud Achour como Kucuk
- Ross Mullan como Pemphredo
- Ashraf Barhom como Ozal
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Web Oficial (en inglés)