Fantastic Four (filme)

filme de 2005 dirixido por Tim Story

Fantastic Four é un filme estadounidense dirixido por Tim Story que se estreou no 2005. Baséase na serie de banda deseñada Fantastic Four de Stan Lee e Jack Kirby.

Fantastic Four
Ficha técnica
Título orixinalFantastic Four
DirectorTim Story
ProdutorAvi Arad
Bernd Eichinger
Ralph Winter
GuiónMichael France
Mark Frost
Baseado enFantastic Four de Stan Lee
IntérpretesIoan Gruffudd
Jessica Alba
Chris Evans
Michael Chiklis
Julian McMahon
MúsicaJohn Ottman
FotografíaOliver Wood
MontaxeWilliam Hoy
Estudio20th Century Fox
Constantin Film
Marvel Entertainment
1492 Pictures
Distribuidora20th Century Fox
Estrea2005
Duración105 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$100 000 000[1]
Recadación$330 579 719
Filme seguinteFantastic Four: Rise of the Silver Surfer
Na rede
http://www.fantasticfourmovie.com
IMDB: tt0120667 Filmaffinity: 355080 Allocine: 42946 Rottentomatoes: m/fantastic_four Mojo: fantasticfour Allmovie: v286677 TCM: 546854 Metacritic: movie/fantastic-four TV.com: movies/fantastic-four Netlix: 70021645 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Catro astronautas convértense en súper heroes tras ser contaminados no espazo exterior. Todo comeza cando o soño longamente acariciado do inventor, astronauta e científico Dr. Reed Richards (Ioan Gruffudd) está moi próximo a facerse realidade. Reed quere ir nunha viaxe ó espazo exterior, ó centro dunha tormenta cósmica. Alí, espera conseguir desvelar os segredos dos códigos xenéticos dos seres humanos en beneficio da humanidade. A tripulación de Reed está formada polo seu mellor amigo, o astronauta Ben Grimm (Michael Chiklis); por Sue Storm (Jessica Alba), directora de investigación xenética e antiga moza de Reed; e polo impulsivo irmán máis novo de Sue, o piloto Johnny Storm (Chris Evans). En compaña do benfeitor do proxecto, o ambicioso Von Doom (Julian McMahon), os catro parten para a exploración das súas vidas. A misión discorre sen incidentes ata que Reed descobre que hai un erro de cálculo na velocidade coa que se achega a tormenta. A estación espacial vese engulida por nubes de radiación cósmica que cambian o xenoma da tripulación. De regreso á Terra, os efectos da exposición amosan axiña os seus primeiros síntomas brindando a cada un deles poderes sobrenaturais, converténdose nos Catro Fantásticos.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar