Cavalleria rusticana

Cavalleria rusticana (en galego Cabaleirosidade rústica) é unha ópera verista nun acto con música de Pietro Mascagni e libreto en italiano de Giovanni Targioni-Tozzetti e Guido Menasci baseada nun conto de Giovanni Verga. Foi estreada o 17 de maio de 1890 no Teatro Costanzi de Roma. Cavalleria rusticana segue a ser unha das óperas máis populares; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto n.º 27 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, seendo a 16.ª en italiano e a primeira de Mascagni.

Cavalleria rusticana
Cabaleirosidade rústica
Cartel anunciando a ópera que se interpreta xunto con Zanetto.
FormaÓpera
Actos e escenas1 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGiovanni Targioni-Tozzetti e Guido Menasci
Fontes literariasConto de Giovanni Verga
Estrea17 de maio de 1890
Teatro da estreaTeatro Costanzi
Lugar da estreaRoma
Duración1 hora 15 minutos
Música
CompositorPietro Mascagni
Personaxes

Santuzza (soprano dramática ou mezzosoprano)
Turiddu (tenor lírico-spinto)
Mamma Lucia (mezzosoprano ou contralto)
Lola (mezzosoprano)
Alfio (barítono dramático)
Campesiños[1]

Foi presentada nunha dobre función con Pagliacci de Ruggero Leoncavallo. As dúas óperas son demasiado curtas como para podelas representar xuntas nunha soa función. De feito, dende 1903 -cando se interpretou por primeira vez en Nova York- en tódolos escenarios do circuíto operístico mundial adóitanse interpretar xuntas nun programa dobre chamado Cav/Pag.[2]

Ambientada na Sicilia de finais do século XIX, ten como protagonistas un rapaz que volta do servizo militar (Turiddu) e unha xove (Santuzza), que teñen un idilio (encendido por parte dela; de despecho por parte del, porque viu que se romperan os seus plans de voda con Lola, a promesa de toda a súa vida, que agora está casada con outro home).

O famoso intermezzo, foi empregado na banda sonora da película O padriño III, o desenlace da cal ten lugar tamén durante unha representación desta ópera no Teatro Massimo de Palermo . Tamén a obra é representada no tema principal do filme de Martin Scorsese Touro salvaxe.

Personaxes

editar
Personaxe Tesitura Intérpretes o 17 de maio de 1890
Director: Leopoldo Mugnone
Santuzza (xove aldeá) soprano Gemma Bellincioni
Turiddu (aldeán de regreso do exército) tenor Roberto Stagno
Alfio (arrieiro) barítono Guadenzio Salassa
Lola (dona de Alfio) mezzosoprano Annetta Guli
Mamma Lucia (nai de Turiddu) contralto Federica Casali
Campesiños, nenos, arrieros etc.
  1. Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en español) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. ISBN 84-206-0284-1. 
  2. Sims, M. 2007

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.