Avatar (filme de 2009)

filme de 2009 dirixido por James Cameron

Avatar é unha longametraxe estadounidense de xénero épico dirixida e escrita por James Cameron, e protagonizada por Sam Worthington, Zoe Saldana, Stephen Lang, Michelle Rodriguez, Joel David Moore, Giovanni Ribisi e Sigourney Weaver. O filme está ambientado na segunda metade do século XXII, momento no cal os seres humanos devecen por un mineral precioso chamado unobtanium que procede de Pandora, unha das lúas do planeta Polifemo no sistema Alpha Centauri. A expansión da colonia mineira humana provoca enfrontamentos co pobo dos Na'vi, unha especie humanoide indíxena de Pandora. O título do filme fai referencia ó sistema de enxeñería xenética que empregan os humanos para a creación de corpos híbridos entre Na'vis e humanos coa finalidade de crear un equipo que sexa quen de interactuar cos nativos de Pandora.

Avatar
Avatar
Ficha técnica
Título orixinalAvatar
DirectorJames Cameron
ProdutorJames Cameron
Jon Landau
GuiónJames Cameron
IntérpretesSam Worthington
Zoe Saldana
Sigourney Weaver
Stephen Lang
Michelle Rodriguez
Giovanni Ribisi
Joel Moore
Wes Studi
CCH Pounder
Laz Alonso
MúsicaJames Horner
FotografíaMauro Fiore
MontaxeJames Cameron
John Refoua
Stephen E. Rivkin
EstudioLightstorm Entertainment
Dune Entertainment
Ingenious Media
Distribuidora20th Century Fox
Estrea2009
Duración162 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento$237 000 000
Recadación$2 787 965 087[1][2]
Filme seguinteAvatar: The Way of Water
Na rede
https://www.avatar.com/movies/avatar
IMDB: tt0499549 Filmaffinity: 495280 Allocine: 61282 Rottentomatoes: m/avatar Mojo: avatar Allmovie: v352199 TCM: 662825 Metacritic: movie/avatar TV.com: movies/avatar
Facebook: Avatar Youtube: UCgjxQJ6TlKqhHax8742ZMdA Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

No ano 2154, Jake Sully (Sam Worthington), un ex-marine que quedou parapléxico, é seleccionado para ir a Pandora, unha distante lúa onde existe un mineral chamado unobtanium que podería resolver a crise enerxética da Terra. Para contrarrestar a toxicidade da atmosfera de Pandora, os científicos crearon o programa Avatar, grazas ó cal os humanos "condutores de avatares" manteñen as súas conciencias unidas a un avatar: un corpo biolóxico controlado de forma remota que pode respirar o aire de Pandora. Eses corpos foron creados con ADN humano, mesturado con ADN dos nativos de Pandora, os Na'vi. No seu corpo de avatar, Jake pode camiñar outra vez. Pero a verdadeira finalidade do Programa Avatar é a de estudar o impresionante ecosistema de Pandora e a de facilitar a interacción cos Na'vi, aprender deles para que a comunicación sexa máis sinxela. A pesar do fin científico do proxecto, o coronel Quaritch, que dirixe a defensa da base humana en Pandora, envía a Jake para que lle proporcione información sobre os nativos en caso de que fose necesario empregar a forza se se negan a abandonar as súas terras. Nun principio, Jake cumpre profesionalmente a súa misión e entra en contacto cos Na'vi, pero se namora dunha das nativas, Neytiri (Zoe Saldana) que lle salva a vida. Despois dun tempo Jake é admitido no clan Omaticaya (a tribo central da historia), e do mesmo xeito que aprende a ser un Na'vi mais, tamén se dá conta de que estes xamais renunciarán á súa terra, facendo inevitable o conflito armado. Nel deberá decidir de parte de quen loitará.

Personaxes

editar

Humanos

editar
  • Sam Worthington como Jake Sully. Sully é un soldado discapacitado da Mariña.
  • Stephen Lang como Coronel Miles Quaritch. Quaritch é o xefe das forzas de seguridade da RDA.
  • Sigourney Weaver como Doutora Grace Augustine. Augustine é a xefa do Programa Avatar.
  • Michelle Rodriguez como Trudy Chacón. Chacón é unha piloto de combate que colabora co Programa Avatar. Ela simpatiza cos Na'vi.
  • Giovanni Ribisi como Parker Selfridge. Selfridge é o administrador corporativo das accións da RDA.
  • Joel David Moore como Norm Spellman. Spellman é un xenoantropólogo.
  • Dileep Rao as Doutor Max Patel, un científico que traballa no Programa Avatar e axuda á rebelión de Jake dende dentro da RDA.
  • Zoe Saldana como Neytiri, é a filla do líder dos Omaticaya, o clan Na'vi central na historia.
  • C. C. H. Pounder como Mo'at. Mo'at é a líder espiritual dos Omaticaya, a nai de Neytiri e a parella do líder do clan Eytukan.
  • Wes Studi como Eytukan. Eytukan é o líder dos Omaticaya, o pai de Neytiri e o marido de Mo'at.
  • Laz Alonso como Tsu'tey. Tsu'tey é o futuro líder do clan, e ó comezo da historia estaba prometido con Neytiri.
  • Peter Mensah como Líder do clan dos cabalos.

Videoxogo

editar

O filme tamén ten a súa adaptación na industria do videoxogo baixo o título James Cameron's Avatar: The Game. As súas principais plataformas son Playstation 3, Xbox 360, Nintendo DS e PC. O xogo non segue a historia do filme, senón unha historia que acontece antes do filme, onde os protagonistas son outros.

Premios e nomeamentos

editar
  • 2009: 3 Premios Oscar: Fotografía, dirección artística, efectos visuais. 9 nomeamentos.
  • 2009: 2 Globos de Ouro: Mellor película, director. 4 nomeamentos.
  • 2009: 2 Premios BAFTA: Deseño de produción, efectos especiais. 8 nomeamentos.
  1. Box Office Mojo
    • Total: "Avatar (2009)". Consultado o 10 de xaneiro de 2012. $2,787,965,087 
    • Total en 2013: Box Office Mojo (ed.). "Avatar (2009)". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. $2,782,275,172 
    • Edición especial: "Avatar (Special Edition)". Consultado o 20 de xaneiro de 2012. North America:$10,741,486; Overseas: $22,469,358 
  2. The-Numbers (ed.). "Avatar". Nash Information Services. Consultado o 27 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar