Art Ross Trophy
O Art Ross Trophy é entregado ao xogador da National Hockey League (NHL) que liderou a liga en puntos anotados ao final da liga regular.[1] Foi presentado á liga polo ex xogador, General Manager, e adestrador Art Ross. O trofeo foi entregado 65 veces a 27 xogadores distintos dende a súa introdución na tempada 1947-48. Ross é tamén coñecido polo seu deseño do puck oficial da NHL, cos bordos lixeiramente biselados para un mellor control.
O actual posuidor do trofeo éJamie Benn, que anotou 87 puntos cos Dallas Stars na tempada 2014–15.
Historia
editar- Artigo principal: Lista de puntuadores da NHL.
O Art Ross Trophy foi presentado á National Hockey League (NHL) en 1947 por Arthur Howie "Art" Ross, antido General Manager e adestrador dos Boston Bruins e ex xogador introducido no Hockey Hall of Fame.[1] Elmer Lach foi o gañador do primeiro Art Ross Trophy, que foi entregado ao finalizar a tempada 1947–48.
Xogadores dos Pittsburgh Penguins gañaron o trofeo en 15 ocasións (todas nun lapso de 26 tempadas entre 1988-2014); os xogadores dos Montreal Canadiens gañárono en nove ocasión; e xogadores dos Chicago Blackhawks gañaron o premio oito veces. Aínda que Joe Thornton, gañador do premio na tempada 2005-06, comezou a tempada xogando nos Boston Bruins, finalizouna cos San Jose Sharks, e o premio conta para os Sharks. Polo tanto, os Boston Bruins seguen aos Blackhawks con sete xogadores galardoados.
Dende 1963 ata 2001, Marcel Dionne e Bryan Trottier foron os únicos xogadores que gañaron unha única vez o premio ao máximo puntuador, mentres que Stan Mikita, Phil Esposito, Bobby Orr, Guy Lafleur, Wayne Gretzky, Mario Lemieux, e Jaromír Jágr o gañaron en múltiples ocasións. Durante dúas décadas, dende 1981 ata 2001, só tres xogadores gañaron o Art Ross Trophy: Gretzky, Lemieux e Jágr. A racha rematou cando Jarome Iginla gañou o trofeo en 2002.
Gretzky gañou o trofeo 10 veces, incluíndo sete consecutivas, durante a súa carreira de 20 anos na NHL. Gordie Howe e Lemieux gañárono en seis ocasións, mentres que Esposito e Jágr o conseguiron cinco veces cada un. Jagr, da República Checa, é o xogador non canadense que máis veces gañou o trofe. Gretzky é o único xogador que gañou o treofeo con máis dun equipo, mentres que Thornton é o único xogador que o gañou xogando para dous equipos nunha mesma tempada. Stan Mikita é o único xogador na historia da NHL que gañou os trofeos Art Ross, Hart e Lady Byng nunha mesma tempada, o que fixo en dúas ocasións (1966-67 e 1967-68). Orr é o único defensa que gañou o título ao mellor puntuador, facéndoo en 1970 e 1975, e o único xogador que gañou catro premios individuais ao gañar tamén os trofeos Hart, Norris, e Conn Smythe en 1970.[2]
En 2007, Sidney Crosby non só se converteu no xogador máis novo en gañar o Art Ross Trophy aos 19 anos, converteuse no xogador máis novo de todas as ligas profesionais americanas de calquera deporte en gañar o premio ao máximo anotador.[3] Con case o dobre da idade de Crosby, Martin St. Louis converteuse no xogador máis vello en gañar o Art Ross Trophy con 37 anos, tendo tamén o maior lapso entre a consecución de dous títulos (nove anos).Henrik e Daniel Sedin son os dous únicos inrmáns que gañaron o premio, en 2010 e 2011, respectivamente.[4] Dende 2001, só tres xogadores, Crosby, Evgeni Malkin, e St. Louis teñen gañado o premio en máis dunha ocasión: Crosby en 2007 e 2014, Malkin en 2009 e 2012, e St. Louis en 2004 e 2013.
As regras da NHL estipula tres criterios de desempate en caso de que dous ou máis xogadores estean empatados a puntos:[1]
- Xogador con máis goles.
- Xogador con menos partidos xogados.
- Xogador que anotara o primeiro gol da tempada.
Os empates en anotación apareceron nas tempadas 1961–62, 1979–80, e 1994–95, todos eles foron decididos polo primeiro criterio de máis goles anotados. O premio da NHL que recoñece ao máximo goleador, o Maurice "Rocket" Richard Trophy, non ten criterios de desempate, permitindo que haxa varios xogadores recoñecidos nunha mesma tempada.
Gañadores
editarXogador aínda en activo na NHL.
Notas
editar- ↑ Lach gañou un título ao máximo puntuador antes da introdución do trofeo, facendo deste o seu segundo título de máximo puntuador mais só o seu primeiro Art Ross Trophy.
- ↑ A liga foi máis curta a causa do lockout.
- ↑ A liga foi suspendida a causa do lockout.
- ↑ A liga foi máis curta a causa do lockout.
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 National Hockey League (ed.). "Art Ross Trophy History" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 8 de xuño de 2015.
- ↑ Legends of Hockey (ed.). "Bobby Orr – Biography" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2015.
- ↑ National Hockey League, ed. (9 de abril de 2007). "Penguins' Crosby captures Art Ross Trophy as NHL scoring champion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2007. Consultado o 8 de xuño de 2015.
- ↑ Aykroyd, Lukas (11 de abril de 2011). International Ice Hockey Federation, ed. "Daniel Sedin wins Art Ross". Archived from the original on 19 de outubro de 2012. Consultado o 8 de xuño de 2015.
- ↑ Legends of Hockey (ed.). "Honoured Players: Gordie Howe – Statistics, Awards & Career" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2016.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Historia do Art Ross Trophy en NHL.com (en inglés)
- Historia do Art Ross TrophyArquivado 05 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en Legends of Hockey.net (en inglés)