André Breton

escritor francés

André Breton, nado en Tinchebray o 19 de febreiro de 1896 e finado en París o 28 de setembro de 1966, foi un escritor francés, coñecido como o principal impulsor do movemento surrealista.

Modelo:BiografíaAndré Breton

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) André Robert Breton Editar o valor en Wikidata
19 de febreiro de 1896 Editar o valor en Wikidata
Tinchebray, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Batignolles (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Chaptal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, debuxante, fotógrafo, ensaísta, escritor, novelista, teórico da arte Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoHistoria, ensaio, poesía
MovementoSurrealismo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioBreton, André Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeSimone Kahn, Jacqueline Lamba, Elisa Breton Editar o valor en Wikidata
FillosAube Elléouët
 () Jacqueline Lamba Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978
UbuWeb (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0107866 BNE: XX1138775 iTunes: 217682616 Musicbrainz: 35bfd6b2-1f04-4497-8b59-b30055871341 Discogs: 945713 WikiTree: Breton-288 Find a Grave: 1296 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De orixe modesta, comezou a estudar medicina por presións familiares. Mobilizado en Nantes, durante a primeira guerra mundial, en 1916, coñeceu a Jacques Vaché, que exerceu sobre el unha grande influencia, a pesar de escribir unicamente cartas de guerra. Nese ano entrou en contacto co mundo da arte a través do grupo dadaísta. Durante a guerra traballou en hospitais psiquiátricos, onde estudou as obras de Sigmund Freud e os seus experimentos coa escritura automática (escritura libre de todo control da razón e de preocupacións estéticas ou morais), o que influíu na súa formulación da teoría surrealista. Converteuse en pioneiro dos movementos antirracionalistas coñecidos como dadaísmo e surrealismo. En 1919 Breton fundou con Louis Aragon e Philippe Soupault a revista Littérature e en 1920 publicou a súa primeira obra Os campos magnéticos, na que exploraba as posibilidades da escritura automática. O ano seguinte rompeu a relación con Tristan Tzara, o fundador do dadaísmo, ao que acusaba de conservadorismo.

En 1924 escribiu o Manifesto surrealista e ó seu redor formouse un grupo composto por Philippe Soupault, Louis Aragon, Paul Éluard, René Crevel, Michel Leiris, Robert Desnos ou Benjamin Péret, desexosos de chegar ó «Cambiar a vida» de Rimbaud e «Transformar o mundo» de Marx. «O surrealismo baséase na crenza na realidade superior de certas formas de asociación desdeñadas ata a aparición do mesmo e no libre exercicio do pensamento. Tende a destruír definitivamente tódolos restantes mecanismos psíquicos e a substituílos na resolución dos principais problemas da vida». Neste manifesto ademais aséntanse as bases do automatismo psíquico como medio de expresión artística que xorde sen a intervención do intelecto. Moi pronto o movemento acércase á política e en 1927 Aragon, Éluard e Breton afílianse ó Partido Comunista Francés, aínda que a idea surrealista afastaríase moi pronto do comunismo oficial. En 1928 publica en París Le surréalisme et la peinture. Coa publicación do Segundo manifesto surrealista (1929) chegou a polémica: Breton, líder, ou máis ben "papa negro" do movemento surrealista, concretaba a noción de surrealismo e afirmaba que debía camiñar xunto á revolución marxista e, xa que logo, excomungou, condenou e expulsou do grupo a todos aqueles que non coincidían coas súas ideas; entre os expulsados encontrábanse Roger Vitrac, Philippe Soupault, Antonin Artaud, Salvador Dalí ou Robert Desnos. El mesmo sería expulsado do Partido en 1933.

Escribe o libro de poesías A Inmaculada Concepción (1930) e Os vasos comunicantes, este xunto ó tamén escritor Paul Éluard (1932).

A vangarda española citouno en revistas como Alfar, Grecia, Hélix, Terramar, Art etc. e en 1922, con motivo da exposición de Francis Picabia nas Galerías Dalmau, estivo en Barcelona. En 1935 visitou Tenerife para asistir á Exposición Surrealista organizada pola revista Gaceta de Arte, dirixida por Eduardo Westerdahl, o que supuxo un fito na historia da creación cultural nas Canarias. Sobre esta experiencia escribiu A viaxe a Tenerife (1935), ensaio, e o poema Le château étoilé.

En 1934 contraeu matrimonio con Jacqueline Lamba, inspiradora de O amor tolo. Dous anos despois nace a súa filla Aube. A súa obra máis creativa é Nadja, en parte autobiográfica. En 1937 inaugura a galería "Gradiva" na rúa de Seine, viaxa a México, onde coñece a Trotski, e influído polo trotskismo, redacta unha nova toma de posición, co título de Manifesto por unha arte revolucionaria independente.

En 1941 embarca no Capitaine-Paul-Lemerle cara a Martinica, onde é internado nun campo. Liberado baixo fianza chega a Nova York para un exilio que durará cinco anos, e publica os Prolegómenos a un terceiro manifesto ou non, coñecido tamén como Terceiro manifesto surrealista. Escribe La lanterne sourde (A lanterna xorda). Un ano despois funda na cidade estadounidense a revista VVV. É alí onde coñecerá á súa nova esposa, Elisa.

Volveu a París en 1946. En 1956 fundou unha nova publicación, Le Surrealisme Même, seguindo ata morrer en 1966 animando o grupo surrealista. Pouco antes de falecer, dicíalle a Luis Buñuel, hoxe ninguén se escandaliza, a sociedade atopou maneiras de anular o potencial provocador dunha obra de arte, adoptando ante ela unha actitude de pracer consumista. Morreu na mañá do 28 de setembro de 1966, no hospital Lariboisière (París). Foi enterrado no camposanto de Batignolles, a poucos metros da tumba do seu amigo Benjamin Péret. A súa poesía, recompilada en Poemas (1948), reflicte a influencia dos poetas Paul Valéry e Arthur Rimbaud.

Ensaios

editar
  • Le manifeste du surréalisme (1924, 1930, 1946, 1962)
  • Le Surréalisme et la Peinture (1928, 1965)
  • Le second Manifeste du Surréalisme (1929, 1962)
  • Anthologie de l’humour noir (1940)
  • Prolégomènes à un troisième manifeste ou non (1942, 1962)
  • Flagrant délit (1949)
  • Du surréalisme en ses œuvres vives (1954)

Poesía

editar
  • Mont de piété (1919)
  • Les champs magnétiques (1919) (con Philippe Soupault)
  • Clair de terre (1923)
  • Les Pas-perdus (1924)
  • Nadja (1928, 1963)
  • Les Vases communicants (1932)
  • Point du jour (1934)
  • L’Amour fou (1937)
  • Arcane 17 (1944)
  • Poèmes (1948)
  • La Clé des champs (1953)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar