Orballo compartirá a súa experiencia na aplicación do deseño durante a xornada "Da idea ao resultado. Casos de éxito do deseño galego", que terá lugar o 26 de setembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Orballo é unha marca de produtos 100 % ecolóxicos, sostibles e gourmet, que vende e cultiva as súas plantas aromáticas, especias, arroces e infusións ao tempo que coida a súa contorna. Oscar Torres, o seu responsable de comunicación e márketing, falará na xornada sobre a visión da empresa do deseño estratéxico, de packaging e de espazos. O deseño ten un papel moi relevante tanto na presentación do produto de Orballo como no espazo e nas experiencias a disposición de todas as persoas que queren coñecer mellor a súa proposta na sala de catas e no showroom da súa sede en Paderne (A Coruña). Inscríbete canto antes para asistir e coñecer este e outros casos prácticos de aplicación do deseño. 🔗 Accede ao programa e ao formulario de inscrición en https://lnkd.in/dTAcWH2n #DIFERENZA #deseñogalego
Axencia Galega de Innovación
Administración pública
Especialización intelixente para transformar Galicia xuntos
Sobre nosotros
Perfil oficial da Axencia Galega de Innovación (GAIN) de @galiciacrece | @Xunta
- Sitio web
-
http://gain.xunta.es
Enlace externo para Axencia Galega de Innovación
- Sector
- Administración pública
- Tamaño de la empresa
- De 51 a 200 empleados
- Sede
- Santiago de Compostela
- Tipo
- Agencia gubernamental
- Fundación
- 2012
- Especialidades
- Innovación, I+D+i, Fomento de la Investigación y desarrollo científico y tecnológico, Internacionalización y Fomento de la captación y gestión del talento
Ubicaciones
-
Principal
Rúa de Airas Nunes, s/n
Santiago de Compostela, 15702, ES
Empleados en Axencia Galega de Innovación
-
Alberto Barreiro
Designing for the Transformation Economy @ VML / TCK
-
Juan Antonio Sanchez
Técnico de Proxectos na Axencia Galega de Innovación
-
Lourdes Bouzón
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
-
Tensi Mendez
Técnico gestión I+D en Axencia Galega de Innovación Doctora Ciencias Empresariales. Química Analítica
Actualizaciones
-
Presentamos o balance intermedio da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia 2021-2025, que supera o seu ecuador cun investimento mobilizado de 370M€ ✅ Nos tres primeiros anos da Estratexia, o Goberno galego investiu máis de 102M€ ✅ Creáronse 24 empresas novas “confirmándonos como segunda rexión máis bioemprendedora ✅ Os traballadores en I+D aumentaron nun 6% e o investimento en I+D en biotecnoloxía representa o 17% do total en Galicia ✅ Tamén naceu un novo clúster, dous novos centros de investigación acreditados no CIGUS e dous novos fondos de investimento galego no sector Á clausura da xornada, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou que a Xunta impulsará a creación da primeira oficina de transferencia de coñecemento centrada no sector biotecnolóxico, compartida por todos os axentes de I+D+i, que potenciará a chegada dos resultados da investigación á sociedade #EstratexiaBiotecnoloxíaGalicia Consellería de educación Xunta de Galicia
-
A Noite Galega das Persoas investigadoras (G-Night) saca, nesta cuarta edición, a ciencia e o coñecemento dos laboratorios e das aulas para trasladarse a rúas, museos, parques e bares o vindeiro 27 de setembro. Actividades de divulgación, en máis dunha vintena de localizacións para fomentar o interese pola ciencia nas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Lugo. Coñece o programa completo en https://gnight.gal/ O evento está coordinado pola Universidade de Vigo, que lidera un consorcio formado por varios socios, no marco da convocatoria europea European Researchers' Night e co apoio da Xunta de Galicia. #GNight #AxenciaGain Universidade de Vigo Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Xunta de Galicia #InstitutodeEstudiosGallegosPadreSarmiento #CSIC Instituto Español de Oceanografía #MisiónBiológicadeGalicia Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit) INIBIC CITMAga: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela SEBBM . Real Academia Galega de Ciencias - Galician Royal Academy of Sciences CESGA
-
Está a piques de pechar o prazo de presentación de manifestacións de interese da convocatoria Vinnovate Galicia, que apoia a participación galega en proxectos de I+D+i en colaboración con outras rexións europeas, no marco da alianza Vanguard Initiative. Solicita ata o 20 de setembro! https://lnkd.in/dKhgzi8K #VinnovateGalicia #AxenciaGain
-
Porto-Muiños compartirá a súa experiencia na aplicación do deseño durante a xornada "Da idea ao resultado. Casos de éxito do deseño galego", que terá lugar o 26 de setembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Dende 1998 Rosa Miras e Antonio Muiños deciden mergullarse nas costas atlánticas para conseguir que as algas ocupen un lugar na alimentación diaria. A comercialización, o estudo e a divulgación das características organolépticas das algas son a súa meta. En 2020 conseguiron o selo Pyme Innovadora do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, que os recoñece como empresa innovadora acreditada. Na xornada do 26 de setembro, Antonio Muiños falará sobre o desenvolvemento dunha nova liña de produtos con algas mariñas no marco da industria alimentaria. Inscríbete canto antes para asistir e coñecer este e outros casos prácticos de aplicación do deseño. 🔗 Accede ao programa e ao formulario de inscrición en https://lnkd.in/dTAcWH2n #DIFERENZA #deseñogalego
-
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou esta fin de semana no evento de recepción do estudantado internacional da Universidade de Santiago de Compostela, o #InternationalStudentsWelcomeDay, ao que asistiron preto de 400 estudantes de máis de 40 países. A directora de Gain destacou a excelencia e as capacidades dos centros de coñecemento galego e expúxolle ao alumnado estranxeiro as oportunidades que ofrece o ecosistema galego de I+D+i para desenvolver a súa carreira investigadora. https://lnkd.in/dbn8eZF5
-
✍🏼ANOTA NA AXENDA! O martes 24 de setembro celebrarase na sede da #AxenciaGain o Info Day: Programa do European Research Council (ERC) e convocatoria Synergy Grant. ➡️ Neste taller presencial intervirán Leticia Riaza, Punto Nacional de Contacto do ERC na FECYT, e María José Mariño, Directora da Área de Talento e Transferencia da Axencia Gain, que presentará os apoios disponibles para o persoal investigador no marco do Programa #Oportunius. ➡️ Ademais, terá lugar unha mesa redonda na que persoal investigador gañador de proxectos do ERC en Galicia compartirá a súa experiencia na preparación de candidaturas: Diego Peña, Investigador Oportunius adscrito ao CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela e gañador dunha Synergy Grant (2020); Sebastian Villasante, Investigador Oportunius adscrito ao CRETUS da Universidade de Santiago de Compostela e gañador dunha Consolidator Grant (2020); e Elena Pazos Chantrero, Investigadora Ramón y Cajal adscrita ao CICA da Universidade da Coruña e gañadora dunha Starting Grant (2019). A data límite de inscrición é o 19 de setembro ás 14:00 horas. Máis información en: https://lnkd.in/dGhft9bQ Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña CiQUS - Center for Research in Biological Chemistry and Molecular Materials CRETUS CICA UDC Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía
-
Bela Fisterra compartirá a súa experiencia na aplicación do deseño durante a xornada "Da idea ao resultado. Casos de éxito do deseño galego", que terá lugar o 26 de setembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Bela Fisterra Hotel é un hotel ecosostible situado na praia da Langosteira (Fisterra) que basea a construción da súa identidade na literatura do mar. A identidade gráfica foi encargada a Xosé Teiga Studio e o proxecto arquitectónico está asinado por Creus e Carrasco. Grazas á inquietude do seu fundador, Pepe Formoso, o hotel está dotado de contidos culturais onde a presenza do deseño e as artes é esencial. Inscríbete canto antes para asistir e coñecer este e outros casos prácticos de aplicación do deseño. 🔗 Accede ao programa e ao formulario de inscrición en https://lnkd.in/dTAcWH2n #DIFERENZA #deseñogalego
-
A Axencia Galega de Innovación participou, xunto ás universidades do SUG, no Simposio 10º Aniversario da Asociación de Científicos Españois en Suecia para presentar as oportunidades que ofrece o ecosistema galego de I+D+i para o persoal investigador. A participación neste encontro forma parte dunha campaña, impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, que ten por obxectivo promover o retorno do persoal investigador galego no exterior e a atracción do talento científico internacional. Entre as iniciativas dadas a coñecer destaca o programa #Oportunius, que busca atraer e reter a titulares das prestixiosas axudas do European Research Council (ERC). #RetornoCientífico #GaliciaInnovadora https://lnkd.in/d3RsS4cS
-
📢Último día para inscribirte no evento Balance intermedio da Estratexia de consolidación da biotecnoloxía en Galicia, período 2021-2023. Consulta o programa e inscríbete! https://lnkd.in/dzVi27hP https://lnkd.in/dN3t7uTY
A #AxenciaGain celebra o 17 de setembro un evento para presentar os resultados do Balance intermedio da Estratexia de consolidación da biotecnoloxía en Galicia, período 2021-2023 💬 Conversaremos con empresas sobre o talento, a transferencia e o emprendemento científico, e a colaboración e a internacionalización no sector 📚 Pola tarde, teremos dúas sesións de traballo, con aforo limitado: “Talento de impacto, investigadores emprendedores” e “A colaboración e a internacionalización como éxito da biotecnoloxía” Consulta o programa e inscríbete! https://lnkd.in/dTBWV2U2 #EstratexiaBiotecnoloxíaGalicia