💡 Alfondo Rueda pon en valor a capacidade de Galicia para converterse nun referente no campo da innovación 📌 O presidente da Xunta participou en Santiago na inauguración do CIM Mestrelab ℹ️ https://lnkd.in/djTNsc9q
Axencia Galega de Innovación
Administración pública
Especialización intelixente para transformar Galicia xuntos
Sobre nosotros
Perfil oficial da Axencia Galega de Innovación (GAIN) de @galiciacrece | @Xunta
- Sitio web
-
http://gain.xunta.es
Enlace externo para Axencia Galega de Innovación
- Sector
- Administración pública
- Tamaño de la empresa
- De 51 a 200 empleados
- Sede
- Santiago de Compostela
- Tipo
- Agencia gubernamental
- Fundación
- 2012
- Especialidades
- Innovación, I+D+i, Fomento de la Investigación y desarrollo científico y tecnológico, Internacionalización y Fomento de la captación y gestión del talento
Ubicaciones
-
Principal
Rúa de Airas Nunes, s/n
Santiago de Compostela, 15702, ES
Empleados en Axencia Galega de Innovación
-
Alberto Barreiro
Designing for the Transformation Economy @ VML / TCK
-
Juan Antonio Sanchez
Técnico de Proxectos na Axencia Galega de Innovación
-
Lourdes Bouzón
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
-
Tensi Mendez
Técnico gestión I+D en Axencia Galega de Innovación Doctora Ciencias Empresariales. Química Analítica
Actualizaciones
-
Que posición ocupan Galicia e España na captación de axudas do European Research Council (ERC)? O xefe do Departamento Científico do ERC, José M. F. Labastida, ten a resposta e compartirá toda a información durante o IV Encontro Oportunius, que terá lugar o 21 de novembro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Este encontro xa se converteu na cita anual de referencia para os investigadores e investigadoras que desenvolven proxectos en Galicia grazas ás axudas máis prestixiosas da Unión Europea (UE) á ciencia excelente. Facilitar o acceso ás axudas ERC é un dos principais obxectivos do programa Oportunius. Consulta o programa e inscríbete! https://lnkd.in/d7ufi2-Z #cienciagalega #talento #Galicia #Oportunius #ERC
-
O noso orzamento ascenderá ata os 120M€ para o 2025 co obxectivo de potenciar a I+D+i Entre as prioridades de #GAIN impulsaremos o talento, a excelencia científica, a transferencia de coñecemento, a innovación colaborativa, e... moito máis! ℹ️ https://lnkd.in/d4_gCQTQ
-
Participamos en Budapest na reunión anual da Enterprise Europe Network, a rede que apoia ás pemes europeas a desenvolver a súa capacidade innovadora a través da prestación dunha serie de servizos O evento, que reúne a máis de 800 participantes, abordou como estes servizos poden responder mellor á evolución das necesidades das pemes, contribuír á transición industrial europea, intercambiar mellores prácticas, crear sinerxías e reflexionar sobre a mellora da calidade e visibilidade dos servizos da rede. #EEN2024 #EENCanHelp @EEN_EU @EENGalacteaplus @EENGalacteaplus
-
🔬 Participamos no II Workshop de Investigadores Postdoutorais da Universidade de Santiago de Compostela no centro de investigación iMATUS (Instituto de Materiales de la USC), que conmemorou este mércores 6 de novembro o Día Mundial dos Materiais Persoal investigador do centro presentou os proxectos nos que traballa e celebráronse tres mesas de traballo co obxectivo de fomentar a colaboración entre o mundo académico e o empresarial No evento, presentamos distintos programas da Axencia, entre os que destaca #Oportunius, que ofrece oportunidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia, complementando as axudas do European Research Council (ERC) Research Council e reforzando as opcións de acceso ás mesmas Xunta de Galicia
-
O xoves 21 de novembro tes unha cita co IV Encontro Oportunius na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. No evento anual do programa da Xunta de Galicia para atraer e reter talento investigador de primeiro nivel teremos un plantel excelente: - O xefe do Departamento Científico do European Research Council (ERC), José M. F. Labastida. - A directora xeral da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), Izaskun Lacunza. - Investigadores e investigadoras que resultaron gañadores e finalistas de convocatorias ERC e desenvolven os seus proxectos en universidades e centros de Galicia. - Representantes de asociacións de científicos e científicas en España e no exterior. Consulta o programa e inscríbete! https://lnkd.in/d7ufi2-Z #cienciagalega #talento #Galicia #Oportunius #ERC
-
➡ Anunciamos o novo programa Nexos para apoiar proxectos de I+D+i entre empresas coa colaboración de centros de coñecemento, no marco da xornada participativa de presentación de resultados da avaliación final da #RIS3Galicia e de definición de instrumentos do novo Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-27. Entre as novidades desta liña de axudas, sobre a que os axentes tiveron oportunidade de opinar, destaca: ✅ A priorización de varios ámbitos temáticos. ✅ Custes simplificados na xustificación. https://lnkd.in/dxhCP5GG
-
❗️ ÚLTIMO DÍA para solicitar as axudas do programa Doutoramentos Industriais para a realización da tese de doutoramento nunha contorna empresarial 👇
Convocamos axudas a contratación de estudantes de doutoramento do sistema universitario galego en empresas e centros de innovación galegos nos que desenvolverán a súa tese doutoral, dentro do programa Doutoramentos Industriais. ✅ A convocatoria está dotada con 1,9 M€ 📅 Prazo aberto ata o 4 de novembro Máis información ℹ https://lnkd.in/dCt5c_YB #DoutoramentosIndustriais
-
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, asistiu ao acto de ingreso de José Manuel Fernández de Labastida como académico correspondente da Real Academia Galega de Ciencias - Galician Royal Academy of Sciences.
-
📝 📱Onte tivo lugar a formación "Comunicando o Programa Oportunius: ferramentas e recomendacións", onde se destacou a importancia de visibilizar o Programa #Oportunius e a súa contribución para poñer en valor a excelencia da investigación feita en Galicia. ➡️María José Mariño, Directora da Área de Talento e Transferencia da #axenciaGAIN, presentou esta sesión formativa, impartida por Adela Farré, xornalista e consultora especializada en comunicación científica. ➡️ A actividade, dirixida ao persoal investigador Oportunius e aos responsables de comunicación das entidades de acollida, forma parte do esquema de apoios desta iniciativa da Xunta de Galicia para atraer, reter e potenciar o mellor talento científico.