Commons:Translation possible/Para saber máis
català | čeština | Deutsch | English | español | Esperanto | فارسی | français | galego | עברית | hrvatski | italiano | 日本語 | 한국어 | македонски | polski | português | русский | Tiếng Việt | 中文(繁體) | 中文(简体) | +/−
Como traducir un ficheiro SVG
[edit]Esta páxina explica como traducir etiquetas ou lendas que aparezan dentro dun ficheiro SVG. Probabelmente vostede chegou aquí porque alguén etiquetou unha imaxe con {{Translation possible}}. Teña en conta que este modelo e as súas páxinas relacionadas son a idea de unha persoa. Se ten preguntas ou comentarios que facer, empregue a páxina de discusión do modelo.
O que é o SVG?
[edit]SVG é un ficheiro de formato que consiste en texto simple XML. Polo tanto, as etiquetas de texto almacenadas nel pódense traducir doadamente. Para máis información acerca de SVG ou XML, empregue as ligazóns. Existen artigos na Wikimedia en moitas linguas.
Como edito SVG?
[edit]Existe unha ferramenta boa e libre chamada Inkscape. Pode empregar esa ferramenta para crear ou editar SVG. Simplemente baixe unha versión do ficheiro que quere modificar e ábraa con Inkscape. Modifique a continuación as etiquetas clicando nelas coa ferramenta de texto de Inkscape. Garde as súas modificacións nun ficheiro novo e envíeo.
En relación cos nomes de ficheiro e o envío: Ao crear ficheiros SVG para versións en varias linguas, sería bon gardalas co sufixo -gl (para o ficheiro en galego) antes do .svg. Por exemplo Image:Gibraltar map-en.svg mostra o -en para o inglés. A versión en galego tería -gl. Este procedemento vai moi ao xeito para atopar as versións relacionadas dun ficheiro.
[ ]
-
català
-
Deutsch
-
English
-
English
-
English
-
español
-
français
-
italiano
-
magyar
-
Bahasa Melayu
-
polski
-
македонски
-
українська
-
עברית
-
اردو
- Disputed isthmus and land
-
English
-
español
-
español
-
español (claimed isthmus)
-
español (non Utrech territories)
-
español (reclaimed land)
-
galego
Edición avanzada
[edit]Teña presente que, en vez de empregar Inkscape, pódese utilizar calquer editor de texto capaz de usar UTF-8 e simplemente procurar as etiquetas "texto". Nalgúns casos, isto só o preferirán os usuarios avanzados, xa que pode ser preciso axustar as coordenadas ou pode que o "lixo" máis avanzado dificulte a lexibilidade do XML. Os usuarios avanzados poden tamen modificar a codificación do ficheiro e non terán necesariamente por que empregar editores capaces de ler UTF-8.
Por que non usar números en vez de etiquetas?
[edit]En imaxes con poucas etiquetas, normalmente é preferíbel ter un único ficheiro con números e unha táboa por baixo con diferentes traducións. Deste xeito non hai que comezar a editar a imaxe mesma.
Esta outra solución, traducir as imaxes mesmas, iniciouse por causa das imaxes que teñen moitas etiquetas. Nelas pode resultar moi confuso identificalas todas mediante números que se traduzan en táboas. SVG ofrece a grande posibilidade de traducir doadamente o texto dunha imaxe. Alguhas, como a do exemplo anterior, mostran unha ocasión apropiada para aproveitarse desta vantaxe dos SVG.
Posteriormente engadiuse unha versión nova desa imaxe con números en vez de imaxes. A alguén lle pareceu máis oportuno tela con números para que as etiquetas se poidan colocar na táboa de embaixo. Pódese escoller o que se considere mellor.