Jump to content

InternetArchiveBot/FAQ

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This is an archived version of this page, as edited by Pppery (talk | contribs) at 22:57, 11 May 2024. It may differ significantly from the current version.
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)


Esta páxina contén unha lista de preguntas frecuentes sobre InternetArchiveBot.

P: Como podo executar o bot nun conxunto de páxinas?

R: Pode utilizar a ferramenta de peticións para a cola de bot para facer iso. Se ten unha lista de páxinas que necesitan ser analizadas polo bot, poña a lista de artigos que queira enviar ao bot, un artigo en cada liña, e faga click en enviar. Xa está feito. A súa entrada recibirá un ID de traballo, e situaráse nunha cola ata que un proceso poda traballar nela. Entón poderá seguir o seu progreso en tempo real na interface.

P: O bot mudou a URL de arquivo cara a súa contrapartida orixinal, nun marcador de citas. Porén, a URL orixinal está morta. Que ocorreu?

R: IABot simplemente moveu a URL de arquivo ó parámetro correcto, o que está deseñado para as URLs de arquivos, e deixou a URL orixinal no campo correspondente para esta. Isto faise para manter a consistencia co resto de usos dos modelos de citas, e para conformarse ó deseño dos mesmos. De ser aplicable, os arquivos deberían situarse no parámetro de URL arquivada axeitado, e a URL orixinal debería situarse no parámetro de URL axeitado.

P: O bot non para de fedellar cunha fonte específica na páxina. Cómo podo paralo?

R: Depende, se intenta de forma persistente etiquetar a fonte como morta, ou se intenta de forma persistente engadir un mal arquivo, entón debería axudarlle ó bot indicándolle que o arquivo non é correcto por medio da ferramenta de administración de URLs. Esta ferramenta permite que os usuarios procuren URLs atopadas polo bot e permítelles arranxar calquera erro asociado con estas URLs. Isto fai que o bot adquira maior fiabilidade. Se o bot está a rachar a sintaxe, ou malformatea a fonte, debería informar disto na ferramenta de reporte de erros.

P: O bot está a realizar edicións incorrectas en tódalas fontes da páxina. Non creo que sexa útil ter ó bot executándose nesta páxina específica, como faigo para que o bot deixe de editar esta páxina por completo?

R: Teña coidado con isto. Está seguro de que o bot está a danar a páxina máis que a axudala? Considere isto, está rachando o formato da páxina realizando edicións disruptivas, ou simplemente etiquetando mal fontes e fornecendo arquivos incorrectos para outras? Se respondeu a primeira, por favor informe disto coa ferramenta de informe de erros, xa que é un bug que precisa un arranxo. No caso contrario, se está seguro de que as fontes actuais na páxina non se beneficiarán do traballo do bot, ou que terá que realizar máis arranxos tralas edicións do bot, pode incluír {{bots|deny=InternetArchiveBot}} no artigo, ou usar {{cbignore}} nas fontes individuais que o bot vai rachar. Isto fará que o bot non edite a páxina. Isto significa tamén que non se revisarán as ligazóns mortas nese artigo ata que se elimine a etiqueta. Ademais, pode axudar a que o bot sexa máis fiable arranxando datos incorrectos coa ferramenta de xestión de URLs e coa ferramenta de xestión de dominios.

P: Que é {{cbignore}}? Que é {{bots}}?

R: {{cbignore}} é un marcador en branco específico que algunhas wikis empregan para indicarlle a IABot que ignore por completo unha referencia ou ligazón externa nunha páxina. Pode atopar exemplos de uso en w:gl:Modelo:Cbignore. {{bots}} é un modelo de expclusión que algunhas wikis empregan para indicarlle a algúns bots que non editen unha páxina concreta. IABot utiliza este marcador, e para facer que só sexa InternetArchiveBot o que ignore unha determinada páxina pode incluír {{bots|deny=InternetArchiveBot}} en calquera parte desa páxina.

P: O bot marcou unha fonte como morta, mais a fonte non está morta. Que sucedeu?

R: Se o sitio web non estivo dispoñible durante un tempo determinado, pode que o bot considerara a fonte como morta, xa que non puido validar o enderezo tras tres intentos seguidos en tres probas separadas, ou o sitio engadiu ó bot na lista negra prevíndolle o acceso e polo tanto o bot non é capaz de comprobar o latido do sitio web. Neste punto o bot considera o sitio morto de forma permantente, e debería informar disto coa ferramenta de informes de falsos positivos. Esta ferramenta correxirá o problema co bot na maioría dos casos. Se non é capaz de arranxalo, a ferramenta informará disto ós administradores da interface.

P: O bot machacou a páxina. Que sucedeu?

R: Por favor, informe disto coa ferramenta de informe de erros, e non inclúa as etiquetas {{cbignore}} ou {{bots|deny=InternetArchiveBot}}. A páxina utilizaráse para replicar o bug e cando se arranxe este erro o bot resultará útil para a páxina.

P: O número de ligazóns recuperadas é diferente do número real de ligazóns recuperadas. Hai algún problema?

R: Non se alarme, isto pode suceder. Se o número real de arranxos é menor do que se indica, entón isto significa que houbo algún problema cunha ligazón e o bot saltouna. Isto pode arranxarse doadamente amañando de forma manual a fonte fornecida polo bot. Se o número real de arranxos é maior, entón isto significa que hai dúas fontes que son idénticas carácter por carácter, e o bot tomouna unha vez internamente mais substituiu tódalas instancias da fonte. Isto non é algo polo que deba preocuparse.