Saltar ao contido

contacto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kon.'taɡ.to̯/ (AFI)

Substantivo masculino

contacto (sg: contacto; pl: contactos)

  1. Relación entre persoas ou cousas que se tocan.
    • Exemplo: O noso punto de contacto é a praza so Obradoiro. Esta enfermidade transmítese por contacto coas persoas que a pedecen

      .
  2. Estado ou situación das cousas que se tocan.
    • Exemplo: O galego e o castelán son dúas linguas en contacto.

  3. Relación que se establece entre dúas ou máis persoas ou entidades.
    • Exemplo: Coñézoo desde neno, pero hai anos que perdín todo contacto con el. Teño que poñerme en contacto co xefe.

  4. (Física) Conexión entre dúas partes dun circuíto eléctrico.
    • Exemplo: O aparello non funciona porque os cables non fan contacto A lámpada fundiuse porque houbo un contacto nos cables.

Observacións

Termos relacionados

chave de contacto, lente de contacto

Substantivo masculino plural

contactos

  1. Amizades que serven de axuda.
    • Exemplo: Resolvéronlle o problema axiña porque tiña contactos na empresa.