Saltar ao contido

Viborazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vivorazo»)

O "Viborazo", tamén coñecido como "segundo Cordobazo" foi unha folga con protesta social masiva ocorrida en marzo de 1971 en Córdoba (Arxentina), en oposición ao gobernador militar da provincia pertencente á ditadura militar gobernante coñecida como Revolución Arxentina. Formou parte doutros levantamentos similares como o rosariazo, cordobazo, mendozazo etc.

Os feitos

[editar | editar a fonte]

En marzo de 1971 o goberno militar do xeneral Roberto Marcelo Levingston designou como novo interventor da provincia de Córdoba ao dirixente conservador Camilo Uriburu.

A CGT declarou unha folga activa contra a intervención. Uriburu declarou entón publicamente que:

confundida entre la múltiple masa de valores morales que es Córdoba por definición, se anida una venenosa serpiente cuya cabeza pido a Dios me depare el honor histórico de cortar de un solo tajo.

A CGT respondeu convocando a un novo paro xeral para o 12 de marzo que se transformou nunha insurrección xeral que tomou o control dunhas 500 mazás da cidade de Córdoba. Houbo manifestacións, barricadas, fogueiras, incendios, saqueos e enfrontamentos entre traballadores e estudantes con forzas represivas da Policía Provincial e da Policía Federal.

Pola noite, Uriburu felicitou aos efectivos da Policía Federal pola súa eficiencia na tarefa de "desalojar a la víbora del barrio Clínicas", clásica area de residencia estudantil e un dos epicentros das loitas do período.

A gravidade dos feitos produciu a renuncia do interventor Uriburu ao día seguinte. Ese día o tradicional diario local, La Voz del Interior, publicou unha caricatura que mostraba unha víbora coméndose ao interventor Uriburu.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bonavena, Pablo; Mañón, Mariana; Morelli, Gloria; Nievas, Fabián; Pascual, Martín; Rebon, (1995). El viborazo: ¿aislamiento de la clase obrera? en Del Rosariazo a la democracia del 83 / Antognazzi, Irma. comp; Ferrer, Rosa. comp. Rosario: Universidad nacional de Rosario. UNR, Escuela de historia.