Viaxe ao centro da Terra
Viaxe ao centro da Terra | |
---|---|
Ilustración de Édouard Riou empregada no interior e na portada da edición orixinal. | |
Título orixinal | Voyage au centre de la Terre |
Autor/a | Jules Verne |
Ilustrador/a | Édouard Riou |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Xénero(s) | Novela, ciencia ficción |
Editorial | Hetzel |
Data de pub. | 1864 |
Premios | |
Tradución | Valentín Arias |
[ editar datos en Wikidata ] |
Viaxe ao centro da Terra (en francés: Voyage au centre de la Terre) é unha novela de ficción científica escrita polo autor francés Jules Verne (1828-1905) e publicada no ano 1894. Considerada unha das súas mellores novelas, concédese máis peso á aventura e á imaxinación do que á verosimilitude e á divulgación científica.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Otto Lidenbrock, experto xeólogo e profesor de mineraloxía no Johannaeum de Hamburgo. Home de gran reputación no mundo científico e académico, é de carácter impetuoso e sitúa o seu compromiso coa ciencia mesmo por riba da súa propia vida. Porén, responde con amor e compaixón cando as adversidades da viaxe golpean ao seu sobriño.
Axel, sobriño do profesor, partilla con el casa e ocupación. Malia ser un axudante cualificado e disposto, o seu amor xuvenil e apaixonado pola afillada do profesor, así como o desexo de levar unha vida convencional e cómoda, constitúe un contrapunto á personalidade do seu tío. Porén, ao longo da novela irá virando cara a unha persoa máis madura e curiosa.
Hans Bjelke, cazador islandés que será o guía na viaxe. É unha persoa extremadamente hábil, leal e de poucas palabras. O seu traballo, a súa afouteza e as súas capacidades serán decisivas á hora de levar a bo termo a expedición.
Arne Saknussemm, sabio islandés do século XVI, primitivo explorador do mundo soterrado. É o autor do pergameo que dá as instrucións precisas para a viaxe ao inframundo.
Grauben, afillada do profesor e namorada de Axel. Xunto con Marta, a ama de chaves, o seu padriño, e o seu namorado constitúen o núcleo que mora na casa de Königstrasse, no barrio máis antigo de Hamburgo.
Argumento
[editar | editar a fonte]Dentro dun manuscrito islandés que pertenceu a Arne Saknussemm, Otto Lidenbrock atopa un pergameo cifrado que contén a clave para realizaren unha viaxe ao centro da terra, tal e como o propio Saknussem fixera séculos atrás. O profesor Lidenbrock, Axel e mais o seu guía Hans, comezan no monte islandés Sneffels un descenso que percorrera a codia terrestre até o centro do globo. Con todo, non acadarán o seu obxectivo, pois ao tentaren eliminar un obstáculo cunha explosión, son expulsados nunha arroiada, saíndo á superficie da terra pola boca do volcán Stromboli, na illa siciliana do mesmo nome.
Edición galega
[editar | editar a fonte]A tradución galega é obra de Valentín Arias, e foi publicada por vez primeira na colección Xabarín de Edicións Xerais de Galicia no ano 1985.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viaxe ao centro da Terra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Roig, B.; Domínguez, M.; Mociño, I. (2006). Produción da literatura infantil e xuvenil en galego (CD-ROM). ISBN 978-84-611-5082-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texto orixinal francés na páxina do Proxecto Gutemberg
- Ficha da obra en Xerais Arquivado 01 de xaneiro de 2024 en Wayback Machine.