Saltar ao contido

Wikipedia:Cuarta malla de artigos da Galipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  Wikipedia:Malla   Wikipedia:Wikiproxecto mantemento  


Atallo:
WP:MALLA


Esta é a cuarta malla de artigos da Galipedia, e este ano imos traballar noutro campo, os artigos desactualizados. Hai moitos artigos que teñen información que vai evolucionando no tempo e é preciso engadirlles información dos últimos anos, seguro que hai máis dos que están marcados pero, por algún lado hai que comezar a mallar!

A malla é un antigo traballo agrícola que en moitos casos, e mentres non houbo maquinaria para realizala, se facía en comunidade xa que era un labor moi pesado, e que era moito máis sinxelo de facer coa colaboración dos veciños e familiares. Na Galipedia tamén temos moita palla que separar do gran, pero é un traballo pesado e pouco agradecido, mais que se o facemos entre moitos pode facerse de forma máis rápida e menos laboriosa.

Veña, imos todos ó choio!

Este ano temos que amañar os artigos da Categoría:Wikipedia:Artigos desactualizados, o máis doado será revisar os artigos doutras wikis para comprobar se teñen os datos ó día e adaptalos ós nosos artigos, e non vos esquezades de engadir as referencias! Os casos máis complicados serán os que non teñan información abondo nas outras wikis, nestes casos haberá que facer algo máis de traballo de investigación, divertido, eh?

Por que é bo para o proxecto facer isto? Porque isto é unha enciclopedia e a xente espera que a calidade dos seus contidos sexa excepcional, pero se deixamos que os artigos desactualizados se poñan a medrar sen control podemos chegar a unha situación na que os usuarios atopen máis artigos desfasados que artigos de calidade, e iso non é unha enciclopedia nin é nada.

Entón temos que poñernos co choio, os que estean interesados nesta tarefa terán como obxectivo amañar os artigos desa categoría durante unha semana, deixando un pouco aparcadas as súas tarefas individuais para así facer unha tarefa colectiva (valga a redundancia neste proxecto colectivo :).

Non fai falta adicarse a isto todos os días da semana, pero está claro que canto máis traballo adiquemos mellor quedará a cousa.

Tamén podemos aproveitar esta actividade para dar a coñecer un pouco máis o proxecto, ó facer unha cousa nova, diferente, é posible que algunha xente se anime a comezar a participar e ó mellor algún queda enganchado. Teremos que facer tamén unha labor de difusión nos medios de comunicación e nas redes sociais. Será como cando na malla tocaban o corno para que a xente se achegara á eira!

O traballo

[editar a fonte]
A darlle duro!

Na Categoría:Wikipedia:Artigos desactualizados hai artigos que están desactualizados dende hai moito tempo, porén non hai moitos clasificados por data, así que haberá que ir a eito e mallar en todos sen mirar :)

Hai unha categoría con tódolos artigos con estes problemas >>aquí<<.

Esta Cuarta malla de artigos da Galipedia terá lugar entre o luns 10 de decembro e o domingo 16 (2018), ámbolos dous incluídos, segundo esta votación.

Organización!

[editar a fonte]

Aínda que os artigos son bastantes sempre podería darse o caso de que varios usuarios se puxesen a editar o mesmo artigo ó mesmo tempo. Para evitar isto a solución é sinxela: cando un usuario decida meterlle o dente a un dos artigos o primeiro que debe facer é poñerlle o modelo {{En uso}} e gravar. Dende ese momento o resto da xente saberá que ese artigo está collido por outro compañeiro e que ten que poñerse con outro distinto. Hai que traballar, pero facer dúas veces o mesmo non, grazas! :)

Evolución do número de artigos na categoría Desactualizados

[editar a fonte]
Rematou a malla, pero o palleiro quedou a medio facer...
Aquí non hai malladora, fan falta as mans de todos!

Todo o que estea interesado nesta actividade pode participar, cantos máis mellor! Tampouco hai necesidade de apuntarse en ningún sitio, o que fai falta é xente que choie! :), pero os que queiran poden apuntarse nesta lista, por se fose necesario coordinar algunha parte do traballo ou outras cousas.

Os resultados

[editar a fonte]

Nesta cuarta malla adicámonos a actualizar artigos, ó comezo había máis de 600 artigos na categoría e día a día fomos rebaixando un pouco esa cantidade. Comezamos ben os primeiros días, porén o xoves pasou algo raro, a pesar do traballo, os artigos en vez de reducirse aumentaron. Isto foi debido a que había unha serie de artigos de listas de poboación de concellos que se engadiron á categoría, co cal, ese día parece que non fixemos nada :), pero realmente o traballo foi máis ou menos semellante ó resto de días. A partir de aí o traballou fíxose máis visible e ata conseguimos baixar dos 500 artigos! Lonxe quedou o obxectivo de baleirar a categoría, pero tendo en conta que é a primeira vez que se traballa nela, tampouco está nada mal a cousa. O maior problema é que moitos dos artigos volverán quedar desfasados en pouco tempo xa que moitos deles teñen unha evolución anual, haberá que darlles outra pasada noutra malla.

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e ata o ano que ven, como mínimo!! :)

Edicións anteriores

[editar a fonte]