Satélite de Coleta de Dados
Satélite de Coleta de Dados ou SCD foi unha serie de satélites artificiais do Brasil.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites SCD foron satélites para probar tecnoloxías de comunicación e para recoller datos científicos e meteorolóxicos.[1]
SCD 1
[editar | editar a fonte]SCD 1 ía equipado para recoller e transmitir datos de estacións meteorolóxicas e medioambientas en terra ou en boias oceánicas. Foi construído polo INPE e tiña forma de prisma octogonal cunha masa de 115 kg. Foi lanzado o 9 de febreiro de 1993 mediante un foguete Pegasus desde Cabo Cañaveral.[2]
SCD 2 e 2A
[editar | editar a fonte]SCD 2 era similar a SCD 1, cunha masa de 115 kg, forma de prisma octogonal e construído tamén polo INPE. A súa misión foi semellante pero cunha maior eficiencia na recollida de datos grazas ao deseño máis avanzado de SCD 2. O satélite estabilizábase mediante xiro a entre 32 e 36 r.p.m. Foi lanzado o 23 de outubro de 1998 mediante un foguete Pegasus H para substituír a SCD 2A, lanzado o 2 de novembro de 1997 a bordo do primeiro foguete VLS 1, que non chegou a acadar órbita.[3]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
SCD 1 | 9 de febreiro de 1993 | Pegasus | Éxito |
SCD 2A | 2 de novembro de 1997 | VLS 1 | Éxito |
SCD 2 | 23 de outubro de 1998 | Pegasus H | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "SCD" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SCD 1" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SCD 2, 2A" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2021.