Saltar ao contido

Sumagre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rhus»)

Os sumagres[1] (xénero botánico: Rhus L.) son árbores pertencentes á familia Anacardiaceae.

O xénero conta con aproximadamente 250 especies de plantas fanerógamas. Algunhas especies antes emprazadas neste xénero, inclúense agora no xénero Toxicodendron, coma T. radicans, T. diversilobum e T. vernix, e se diferencian pola súa follaxe altamente alérxica e polo seu froito branco cinsento.

Os sumagres atópanse nas rexións temperadas e subtropicais de todo o mundo, cunha gran diversidade no sur de África.

Son arbustos e arboriñas que acadan 1-10 m de altura. As follas dispostas en espiral, son usualmente pinnadas compostas, aínda que algunhas especies son trifoliadas ou simples. As flores agrúpanse en mestas panículas de 5-30 cm de lonxitude, son moi miúdas da cor do leite, verdosas ou avermelladas, con cinco pétalos. O froito forma mesos acios de drupas encarnadas.

Propágase por sementes espalladas polos paxaros e outros animais grazas ás feces, e por rizomas, formando grandes colonias.

África
África, (continúa)
Asia
Australia, Pacífico
Rexión Mediterránea
Leste de América do Norte
Oeste de América do Norte
México e Centromérica
Océano Pacífico

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  1. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]