Club Polideportivo Ejido
Nome | Club Polideportivo Ejido, S.A.D. | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Poli, Poli Ejido, Equipo celeste, Los Pitufos | ||
Fundación | 1969 | ||
Desaparición | 2012 | ||
Estadio | Santo Domingo, El Ejido, Almería, España | ||
Inauguración | 2001 | ||
Capacidade | 7.870 pattern_la1=_Poli Ejido 0809 | ||
|
O Club Polideportivo Ejido, máis coñecido como Poli Ejido, foi un club de fútbol español da cidade de El Ejido, na provincia de Almería. Foi fundado en 1969 e durante a tempada 2011–12 o club se atopaba acollido á Lei Concursal debido á paupérrima situación económica da entidade. Nun principio conseguiu evitar o descenso administrativo a Terceira División grazas ao proceso concursal, pero acabou retirándose da competición e descendiendo, despois de chamarse Poli Ejido 2012 SD. No verán de 2012 fundouse o Club Deportivo El Ejido 2012 como sucesor do equipo.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta celeste, pantalón branco, medias celestes.
- Uniforme alternativo: Camiseta verde pistacho e pantalón negro, medias negras con base e listas verde pistacho.
Historia
[editar | editar a fonte]Na tempada 2011–12 o club atopábase na peor situación económica e deportiva posible xa que encadeaba unha serie de débedas que obrigou a poxar a entidade o 27 de decembro de 2011. O 9 de xaneiro de 2012 o club deu a carta de liberdade a tódolos xogadores ao non facerse efectiva a chegada dun comprador ao club, deixando a este á beira da disolución. Finalmente, o 18 de xaneiro anunciouse a renuncia á súa praza na Segunda División B, respectando os resultados até a data.[1]
Estadio
[editar | editar a fonte]O estadio do Poli Ejido é o Municipal de Santo Domingo, inaugurado en 2002 e que ten unha capacidade de 7.870 espectadores. As dimensións do campo de xogo son de 105 × 68 metros. O complexo conta con vestiarios, sala antidopaxe, sala médica, sala de prensa, sala de trofeos, iluminación, megafonía, bar e aseos, e o campo está distribuído en tribuna cuberta, preferencia e fondo novo.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 7
- Tempadas en 2ªB: 9
- Tempadas en 3ª: 9
- Mellor posto en Segunda: 11º (tempada 2006–07)
- Peor posto en Segunda: 22º (tempada 2007–08)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira División de España (2): 1995–96, 1999–00.
- Subcampión de Segunda División B (1): 2000–01.
- Subcampión de Terceira División (3): 1990–91, 1997–98, 1998–99.