Papuxas
Papuxas Xénero Sylvia | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Varias especies do xénero Sylvia. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Sylvia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos sílvidos ou silvíidos (Sylviidae).
O xénero comprende 29 especies de pequenos paxaros coñecidos popularmente como papuxas ou papudas,[1] propias de Europa, o sur e o sueste de Asia, África e Arabia.
Características
[editar | editar a fonte]Son aves de pequeno tamaño, plumaxe discreta, pouco rechamante, canto melodioso e prolongado, moi activas, que se moven constantemente en busca de insectos, dos que se alimentan.
Habitan zonas de bosques frondosos e claros, campos agrícolas e áreas urbanas.
A maioría das especies presentan dimorfismo sexual e os machos distínguense, habitualmente, por presentaren manchas, riscos ou coroas na cabeza.
As especies que aniñan en climas temperados son migratorias, desprazánsose a rexiones cálidas en inverno.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1769 polo médico, entomólogo e naturalista austríaco, de cultura italiana, Giovanni Antonio Scopoli.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Sylvia é un neoloxismo do latín científico usado a miúdo para designar especies de paxaros similares a Sylvia atricapilla,[2] que é un nome propio feminino que significa literalmente "que vive nos bosques", derivado do latín silva, -ae, "selva", "bosque".[3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo o ITIS, o xénero conta coas 29 especies seguintes:[4]
- Sylvia althaea Hume, 1878
- Sylvia atricapilla (Linnaeus, 1758)
- Sylvia balearica Von Jordans, 1913
- Sylvia boehmi (Reichenow, 1882)
- Sylvia borin (Boddaert, 1783)
- Sylvia buryi (Ogilvie-Grant, 1913)
- Sylvia cantillans (Pallas, 1764)
- Sylvia communis Latham, 1787
- Sylvia conspicillata Temminck, 1820
- Sylvia crassirostris Cretzschmar, 1830
- Sylvia curruca (Linnaeus, 1758)
- Sylvia deserti (Loche, 1858)
- Sylvia deserticola Tristram, 1859
- Sylvia hortensis (Gmelin, 1789)
- Sylvia layardi (Hartlaub, 1862)
- Sylvia leucomelaena (Hemprich & Ehrenberg, 1833)
- Sylvia lugens Rüppell, 1840
- Sylvia melanocephala (Gmelin, 1789)
- Sylvia melanothorax Tristram, 1872
- Sylvia minula Hume, 1873
- Sylvia moltonii Orlando, 1937
- Sylvia mystacea Ménétriés, 1832
- Sylvia nana (Hemprich & Ehrenberg, 1833)
- Sylvia nisoria (Bechstein, 1792)
- Sylvia ruppelli Temminck, 1823
- Sylvia sarda Temminck, 1820
- Sylvia subalpina Temminck, 1820
- Sylvia subcaerulea Vieillot, 1817
- Sylvia undata (Boddaert, 1783)
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia existen 6 especies de papuxas; delas, 3 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, e 3 son estivais.[5]
Especie Autoridade, ano |
|||||
---|---|---|---|---|---|
(Boddaert, 1783) |
aprox. 138.000 pp.[6] | ||||
(Pallas, 1764) |
|||||
(Gmelin, 1789) |
|||||
Latham, 1787 |
aprox. 236.000 pp.[6] | ||||
(Boddaert, 1783) |
|||||
(Linnaeus, 1758) |
aprox. 563.800 pp.[6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ papuxa no dicionario da RAG.
- ↑ Sylvia no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Sylvia no Online Etymology Dictionary.
- ↑ Sylvia Scopoli, 1769 no ITIS.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2, pp.370-378.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Aves comúns reprodutoras en España Arquivado 11 de outubro de 2010 en Wayback Machine., SEO.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papuxas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alström, Per; Ericson, Per G. P.; Olsson, Urban & Sundberg, Per (2006): "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Molecular Phylogenetics and Evolution 38 (2): 381–397. doi 10.1016/j.ympev.2005.05.015
- Baker, Kevin (1997): Warblers of Europe, Asia, and North Africa. Princeton, N.J., USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-01169-9.
- Barker, F. Keith; Cibois, Alice; Schikler, Peter A.; Feinstein, Julie & Cracraft, Joel (2004): "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation". Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) 101 (30): 11040-11045. doi 10.1073/pnas.0401892101 PDF Texto competo Arquivado 09 de marzo de 2008 en Wayback Machine. Supporting information Arquivado 25 de xuño de 2008 en Wayback Machine..
- Cibois, Alice (2003): "Sylvia is a babbler: taxonomic implications for the families Sylviidae and Timaliidae". Bulletin of the British Ornithologists' Club 123: 257-261.
- Ericson, Per G. P. & Johansson, Ulf S. (2003): "Phylogeny of Passerida (Aves: Passeriformes) based on nuclear and mitochondrial sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 29 (1): 126–138 doi 10.1016/S1055-7903(03)00067-8 PDF Texto completo Arquivado 12 de abril de 2016 en Wayback Machine..
- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.
- Olsson, Urban; Leader, Paul J.; Carey, Geoff J.; Khan, Aleem Ahmed; Svensson, Lars & Per Alström: (2013): "New insights into the intricate taxonomy and phylogeny of the Sylvia curruca complex". Molecular Phylogenetics and Evolution 67 (1): 72–85.
- Shirihai, Hadoram (2001): Sylvia warblers. Princeton, N.J., USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-08833-0.
- Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Conn., USA: Yale University Press,
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sylvia Scopoli, 1769. Congreso Ornitolóxico Internacional.
- Sylvia Scopoli, 1769 no ITIS.
- Sylvia Arquivado 15 de abril de 2017 en Wayback Machine. na EOL.
- Sylvia no NCBI.
- Especies de Sylvia en UICN.