Petrel branco
Petrel branco | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pagodroma nivea' (G. Forster, 1777) |
O petrel branco[Cómpre referencia] ou das neves (Pagodroma nivea) é unha pequena ave, única no seu xénero, Pagodroma, pertencente á familia Procellariidae. Ten unha plumaxe case completamente branca, ollos escuros e un pequeno peteiro negro. De longo mide entre 36 e 41 cm e de envergadura acada os 76–79 cm. O seu voo é diferente, axitando máis as ás cós outros petreis. É unha das tres aves que aniñan exclusivamente na Antártica e que foron vistas no polo sur. Existen dúas subespecies, P. n. confusa e P. n. nivea, que difiren só no tocante ao tamaño.
Aniña en colonias na península, no continente e en varias illas Antárticas; preferindo os cantís na beira do mar. Algunhas aves fican na colonia todo o ano, mais o normal é que partan entre mediados de setembro e comezo de novembro. Pon un ovo, que chocan entre 41 a 49 días e durante 8 días máis tralo nacemento do pito.
O petrel branco aliméntase de peixe, algúns cefalópodos, moluscos e krill así como tamén de prea. Durante o inverno viven esparexidos aínda que moitos agrúpanse en icebergs. Raramente obsérvanse ao norte do territorio antártico.
Como moitos outros petreis, poden expulsar aceite estomacal aos intrusos que asexan os seus niños. Ese aceite fedorento é extremadamente difícil de limpar. Sóubose que algúns viven entre 14 e 20 anos.
Báñanse na neve, tamén se sabe que a derreten para bebela.
Notas
[editar | editar a fonte]- BirdLife International (2010). Pagodroma nivea. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 24 de febreiro de 2010. Inclúe unha xustificación de porqué esta ave está considerada como de baixo risco.