Olympique de Marseille
Olympique de Marseille | |||
---|---|---|---|
Nome | Olympique de Marseille | ||
Alcume(s) | L'OM, les Phocéens, les Marseillais | ||
Fundación | 1899 | ||
Estadio | Stade Vélodrome, Marsella, Francia | ||
Inauguración | 13 de xuño de 1937 | ||
Capacidade | 67.186 | ||
Presidente | Jacques-Henri Eyraud | ||
Adestrador | Rudi García | ||
Liga | Ligue 1 | ||
2016–17 | 5º | ||
Vestimenta | Adidas | ||
Na rede | |||
http://www.om.net/ | |||
| |||
O Olympique de Marseille é un club de fútbol francés, da cidade de Marsella. Foi fundado en 1899 e xoga na Ligue 1 francesa.
O club xoga os seus partidos de local no Stade Vélodrome desde 1938 e dentro do seu palmarés conta con 9 títulos da Ligue 1, 10 Copas de Francia, 3 Copas da Liga, 2 Supercopas de Francia e unha Liga de Campións da UEFA obtida en 1993.
Historia
[editar | editar a fonte]O Olympique de Marseille foi fundado en 1899 como club oficial e en 1902 como equipo de baloncesto e balonmán.
En 1924 o equipo consegue o seu primeiro título, a Copa de Francia, e en 1937 gaña a súa primeira Liga.
Na tempada 1992-93 o equipo consegue a Liga de Campións, ante o AC Milan italiano, converténdose no único equipo de Francia en conseguir devandito título.
Os seus títulos máis recentes son a Ligue 1 e unha Copa da Liga, ambas conseguidas en 2010.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branca con vivos celestes, mangas brancas con bandas celestes, pantalón branco con bandas celestes, medias brancas cunha raia celeste e unha raia azul mariño.
- Uniforme alternativo: Camiseta celeste, pantalón celeste con bandas azul mariño nos laterais, medias azuis cunha raia azul mariño.
- Terceiro uniforme: Camiseta negra con bandas amarela nas mangas, pantalón negro con bandas amarela nos laterais, medias negras con raias amarela.
Estadio
[editar | editar a fonte]O Olympique de Marseille xoga de local no Stade Vélodrome desde 1938, cando abandona o antigo Stade de l'Huveaune que pertencía ao equipo.
- Artigo principal: Stade Vélodrome.
O Vélodrome foi construído en 1937, ampliado en 1984 e 1998, na actualidade conta cunha capacidade de 60.031 espectadores. Albergou 2 partidos do Mundial 1938, 7 partidos do Mundial 1998, 2 partidos da Eurocopa 1960 e 2 partidos da Eurocopa 1984.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 59
- Tempadas en 2ª: 12
- Mellor posto na Ligue 1: 1º (1929, 1937, 1948, 1971, 1972, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993 e 2010)
- Peor posto na Ligue 1: Último (1959 e 1963)
- Maior goleada conseguida:
- En campionatos nacionais: Marsella 10-2 Roubaix (1948, liga), Marsella 8-0 Alès (1948, liga) e Marsella 19-0 Saint-Raphaël (1933, Copa)
- En torneos internacionais:: Marsella 7-1 Luxemburgo (03-10-1973) (Copa da UEFA) e Marsella 6-0 CSKA Moscova (17-03-1993) (Liga de Campións)
- Maior goleada encaixada:
- En campionatos nacionais: Olympique Lyonnais 8-0 Marsella (tempada 96-97)
- En torneos internacionais: Colonia 6-0 Marsella (06-11-1973) (Copa da UEFA)
- Maior racha sen perder: 23 partidos (Xornada 15ª 83/84 (D2) a 1ª 84/85 (D1))
- Máximo de partidos gañados nunha tempada de liga: 24 (1970-71)
- Máximo de partidos gañados consecutivamente nunha tempada de Ligue 1: 8 (Tempadas 1936/37 e 1998/99)
- Maior número de partidos consecutivos sen perder en casa: 38
- Marca de imbatibilidade en casa: 2940 días (2 anos e 23 días)
- Maior número de goles marcados nunha tempada: 95 (1948-49)
- Máximo goleador: Gunnar Andersson con 187 goles
- Máis partidos disputados: Roger Scotti con 453 partidos
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]- Actualizado o 31 de agosto de 2012.
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Ligue 1 (9): 1937, 1948, 1971, 1972, 1989, 1990, 1991, 1992, 19931, 2010
- Subcampión da Ligue 1 (11): 1938, 1939, 1970, 1975, 1987, 1994, 1999, 2007, 2009, 2011, 2013
- Ligue 2 (1): 1995
- Subcampión da Ligue 2 (3): 1966, 1984, 1996
- Copa de Francia (10): 1924, 1926, 1927, 1935, 1938, 1943, 1969, 1972, 1976, 1989
- Subcampión da Copa de Francia (8): 1934, 1940, 1954, 1986, 1987, 1991, 2006, 2007
- Copa da Liga (3): 2010, 2011, 2012
- Copa Charles Drago (1): 1957
- Supercopa de Francia (3): 1971, 2010, 2011
- Subcampión da Supercopa de Francia (2): 1969, 1972
- O Olympique de Marseille, campión naquela tempada, foi desposuído do título e descualificado da competición por un asunto de corrupción, e iso antes de que a xustiza chegue a un veredicto. O Paris Saint-Germain rexeito o título para non ser participe da polémica.
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Liga de Campións da UEFA (1): 1993
- Subcampión da Liga de Campións (1): 1991
- Copa Intertoto (1): 2005
- Subcampión da Copa da UEFA (2): 1999, 2004
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olympique de Marseille |