Lavandeira amarela
Lavandeira amarela Motacilla flava | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto de lavandeira verdeal (M. f. flava) | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Motacilla flava Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Distribución de Motacilla flava Área de cría. Área de ocupación permanente. Área de invernada.
|
A lavandeira amarela[2][3], ás veces lavandeira verdeal[4][5], (Motacilla flava)[6] é unha especie de ave paseriforme da familia dos motacílidos propia de Eurasia e África, que en Galicia é unha ave estival común.[4]
É unha especie sedentaria nas zonas máis temperadas, pero as poboacións que habitan no norte e leste da súa área de distribución emigran a África e ao sur de Asia.
Caracteísticas
[editar | editar a fonte]Ao chegaren á madurez alcanzan entre 15 e 16 cm, cunha cola longa característica do seu xénero, aínda que é a lavandera europea coa cola máis curta. O macho adulto normalmente ten unha plumaxe de cor olivácea que se volve amarela no ventre e a parte inferior do corpo. Existen algunhas variedades cromáticas nas que a cor amarela se difumina en branca. A cabeza dos machos presenta deseños de cores variadas en función da subespecie.
A chamada é un chío característico e agudo, que soa "yit".[7]
É unha ave insectívora, que prefire os claros próximos á auga, como os prados húmidos. Fai o niño en arbustos, depositando de 4 a 8 ovos de pintas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[8]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o protónimo de Linneo, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[8]
- Motacilla cinereocapilla Savi, 1831
- Motacilla feldegg Michahelles, 1830
- Motacilla flavissima Blyth, 1834
- Motacilla iberiae E. Hartert, 1921
- Motacilla leucocephala (Przevalski, 1887)
- Motacilla lutea (S. G. Gmelin, 1774)
- Motacilla simillima E. Hartert, 1905
- Motacilla taivana (Swinhoe, 1863)
- Motacilla thunbergi Billberg, 1828
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense as seguintes subespecies (a coloración descrita refírese aos machos agás cando se especifica outra cousa):[9]
- Motacilla flava flava Linnaeus, 1758
- Cabeza azul cincenta con franxas e plumas brancas nos machos e cor olivácea difuminada nas femias.
- Habita desde o sur de Escandinavia ata Francia, chegando polo leste ata os montes Urais. En inverno inverna na África subsahariana.
- Motacilla flava flavissima Blyth, 1834
- Cabeza verde amarelada cun supercilio amarielo brillante. As femias son máis claras no ventre que os machos.
- Habita en Gran Bretaña e os países arredor do Canal da Mancha. Pasa o inverno en África.
- Motacilla flava thunbergi Billberg, 1828
- Cabeza gris escura ata as meixelas e sen branco nos machos; de cor olivácea clara cun supercilio verdoso nos machos.
- Habita no norte de Europa chegando polo leste ata o noroeste de Siberia. Pasa o inverno en África, a India e o sueste asiático.
- Motacilla flava iberiae Hartert, 1921
- Similar á subespecie flava, pero coa gorxa branca e gris escura, e plumaxe case negra arredor dos ollos.
- Habita no sueste de Francia, a Península Ibérica e chega ata o norte de África, desde Marrocos a Tunisia. Pasa o inverno na África subsahariana, desde Gambia a Camerún.
- Motacilla flava cinereocapilla Savi, 1831
- Similar á subespecie iberiae, pero sen supercilio.
- Habita en Sicilia, Sardeña, Italia, Eslovenia. Inverna na costa de Tunisia e Alxeria, chegando ata Malí e o lago Chad.
- Motacilla flava pygmaea (A. E. Brehm, 1854)
- Similar á subespecie cinereocapilla, pero máis pequena e menos brillante.
- Habita no delta do río Nilo, e o Baixo Nilo, onde reside todo o ano.
- Motacilla flava feldegg Michahelles, 1830
- Similar á subespecie thunbergi pero con cabeza negra nos machos, as femias teñen unha plumaxe máis apagada, cun ton amarelado xaspeado no ventre e a gorxa branca.
- Habita nos Balcáns e polo leste chega ata o mar Caspio, Turquía, Irán e Afganistán. Pasa o inverno en África central, desde Nixeria, a Uganda e o Sudán.
- Motacilla flava lutea (S. G. Gmelin, 1774)
- Con cabeza amarela con pescozo verde nos machos, e as femias similares ás da subespecie flava pero máis rechamantes.
- Habita no curso inferior do río Volga ata o río Irtysh e o lago Zaysan. Pasa o inverno en África e o subcontinente indio.
- Motacilla flava beema (Sykes, 1832)
- Similar á Motacilla flava flava pero a cabeza é de cor gris clara, con branco arredor dos oídos; os dous sexos son moi similares.
- Habita ao norte da Motacilla lutea, chegando ao leste ata a zona de Ladakh. Pasa o inverno no subcontinente indio, tamén en África Oriental e no sur de Arabia.
- Motacilla flava leucocephala (Przevalski, 1887)
- Os machos son similares aos de Motacilla flava flava, pero coa cabeza dun gris claro moi pálido, case branco. As femias son como as femias de Motacilla flava flava, pero a cabeza é máis escura.
- Habita no noroeste de Mongolia e nos territorios próximos da China e Rusia. Pasa o inverno na India.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]A filoxenia desta especie é extremadamente confusa. En diferentes momentos foron describíndose ducias de subespecies e actualmente só se consideran válidas 10 delas. Anteriormente considerábase conespecífica coa lavandeira de Chukotka (Motacilla tschutschensis).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2009). "Motacilla flava". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2 de outubro de 2010.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Definición de Lavandeira amarela no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Bisbita Oriental en Avibase
- ↑ Wiles, Gary J.; Worthington, David J.; Beck, Robert E. Jr.; Pratt, H. Douglas; Aguon, Celestino F. & Pyle, Robert L. (2000): Noteworthy Bird Records for Micronesia, with a Summary of Raptor Sightings in the Mariana Islands, 1988-1999. Micronesica 32(2): 257-284. PDF fulltext
- ↑ 8,0 8,1 Motacilla Linnaeus, 1758 no GBIF.
- ↑ GILL, F.; DONSKER, D. (Eds.) (2017). Waxbills, parrotfinches, munias, whydahs, Olive Warbler, accentors & pipits. IOC World Bird List (v.7.3.).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lavandeira amarela |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lavandeira amarela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tyler, Stephanie J. (2004): 60. Yellow Wagtail. In: del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Christie, D. (eds.): Handbook of Birds of the World (Vol. 9: Cotingas to Pipits and Wagtails): 781-782, plate 77. Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 978-84-87334-69-6. (all birds except the 4 grey/black-backed ones at lower left are M. flava)
- VanderWerf, Eric A.; Wiles, Gary J.; Marshall, Ann P. & Knecht, Melia (2006): Observations of migrants and other birds in Palau, April-May 2005, including the first Micronesian record of a Richard's Pipit. Micronesica 39(1): 11-29. PDF fulltext
- Voelker, Gary (2002): Systematics and historical biogeography of wagtails: Dispersal versus vicariance revisited. Condor 104(4): 725–739. [English with Spanish abstract] DOI: 10.1650/0010-5422(2002)104[0725:SAHBOW]2.0.CO;2 HTML abstract
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Identificación de sexos e idades no Atlas de Identificación de las Aves de Aragón.