Carmen Ferreira Boo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1973 (51 anos) Galicia, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
María del Carmen Ferreira Boo, nada o 6 de setembro de 1973[onde?], é unha investigadora galega de literatura infanto-xuvenil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía Hispánica, diplomada en Criminoloxía, obtivo o DEA en 2010 no programa de doutoramento Literatura e construción da identidade na Galiza do departamento de Filoloxía Galega da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Dende 2009 conta cunha bolsa de colaboración no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, ademais de colaborar como redactora, dende 2008, no proxecto Informes de Literatura. É investigadora colaboradora da rede temática de investigación Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI) e membro da Asociación ELOS (Asociación galego-portuguesa de investigación en literatura infantil e xuvenil). Participou en cursos, encontros, congresos e xornadas con comunicacións e obradoiros. É autora de artigos, estudos e recensións sobre literatura infanto-xuvenil galega en diferentes publicacións periódicas, como o Boletín Galego de Literatura, ANILIJ, Malasartes, Moenia e El Correo Gallego.
Obras
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Antoloxía. A Santiago. Relatos de Camiño infanto-xuvenís, 2010. Con Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig e Esther de León Viloria.
- Itinerario de lecturas. De camiño a Compostela pola LIX, 2010, Xunta de Galicia. Con Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig e Esther de León Viloria.
- Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez, Blanca-Ana Roig e Isabel Soto.
- Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.