Liga escocesa de fútbol
A Liga de fútbol escocesa é unha entidade deportiva que xestiona a disputa de partidos de fútbol en Escocia. Fundada en 1890 como Scottish Football League por once equipos pioneiros (dos cales só tres, o Rangers F.C., o Celtic F.C. e o Heart of Midlothian seguen ao máximo nivel), coñeceu sucesivos cambios ata chegar ao sistema actual.
Na actualidade, dependen da Liga escocesa de fútbol como entidade a primeira división, a segunda división e a terceira división. Por diante delas, e sen estar baixo a tutela da Liga escocesa, está a división de honra, creada na tempada 1998-99.
Esta máxima categoría denominouse Liga escocesa de fútbol entre 1890 e 1975, de 1975 a 1998 División de honra e na actualidade liga de honra escocesa. En función do número de equipos que conforman as distintas categorías, así se producen un ou dous ascensos e descensos entre as divisións. Eses ascensos e descensos poden estar condicionados, ademais obviamente de polos resultados deportivos, polas condicións do estadio e pola situación económica do club.