Getafe Club de Fútbol B
Getafe B | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Getafe Club de Fútbol B | |||
Fundación | 1983 | |||
Estadio | Ciudad Deportiva Fernando Santos de la Parra, Xetafe, España | |||
Inauguración | 4 de novembro de 2005 | |||
Capacidade | 1.500 | |||
Presidente | Ángel Torres Sánchez | |||
Adestrador | Gabi Fernández | |||
Liga | Segunda Federación | |||
2023-24 | 4º | |||
Vestimenta | Joma | |||
Na rede | ||||
http://www.getafecf.com/ | ||||
| ||||
O Getafe Club de Fútbol B é o equipo filial do Getafe Club de Fútbol, fundado en 1983.
Historia
[editar | editar a fonte]Nace do mesmo xeito que o primeiro equipo, en 1983. Tras varios anos nas categorías inferiores logra ascender por primeira vez a Terceira División en 1994, aínda que só disputa a tempada 1994-95. Anos despois volvería a Terceira para permanecer tres tempadas, desde 1999 ata 2001, aínda que en malas posicións.
O club volveu ascender a Terceira no ano 2004. Do mesmo xeito que o primeiro equipo, o Getafe B mantivo unha boa serie de resultados desde entón, quedando nos últimos dous anos nos postos que permiten disputar o playoff para subir a Segunda División B. O filial xetafense certificou o seu ascenso á división de bronce na tempada 2009/10.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias cor azul escuro.
- Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias cor vermella.
Estadio
[editar | editar a fonte]O filial getafense xoga na Ciudad Deportiva Fernando Santos de la Parra, con capacidade para 1500 espectadores. O estadio atópase a escasos metros do Coliseum Alfonso Pérez.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 8
- Tempadas en 3ª: 13
- Debut en 2ªB: 2010-11
- Debut en 3ª: 1994-95
- Mellor posto na liga: 7º en Segunda B (tempada 2010-11)
- Peor posto na liga: 18º en Terceira (tempadas 1994-95 e 2000-01)