Saltar ao contido

Eladio Medel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEladio Medel
Biografía
Nacemento21 de maio de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Maside, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, poeta Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5054061 AELG: 466

Eladio Medel Iglesias, nado en Maside o 21 de maio de 1973, é un avogado e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en Dereito pola Universidade de Vigo, exerce como avogado en Ourense desde o ano 2000.

Como escritor publicou o poemario Fóra do muro (2010) e o ensaio Compliance. Modelo e sistema de prevención penal (2018) que logo da reforma do Código Penal en 2015 explica como se ten que producir a introdución do compliance officer na empresa. Colabora na revista INviable.[1]

Foi militante de Podemos, e nas eleccións xerais de 2015 encabezou a candidatura Ourense pola Esquerda[2].

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Gañador do Premio de narracións breve Frouma do Concello de Barbadás no 1997.
  • Gañador do Premio de poesía O Grelo da Fundación Amigos de Galicia no 2010, por Fóra do muro.