Cyclone Global Navigation Satellite System
Cyclone Global Navigation Satellite System ou CYGNSS é unha serie de oito satélites da NASA adicados ao estudo das tormentas e ciclóns.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os oito satélites CYGNSS foron construídos por Southwest Research Institute e lanzáronse xuntos o 15 de decembro de 2016 a bordo dun foguete Pegasus XL. Cada satélite ten unha masa de 18 kg e dous paneis solares. Foron lanzados a unha órbita de 514 x 536 km e 34,96 graos de inclinación orbital.[1][2]
A misión dos satélites CYGNSS é estudar a interacción entre a atmosfera e os océanos durante a formación de tormentas e ciclóns para determinar como se retroalimentan e xeneran. Para iso os satélites levan a bordo receptores GPS de alta precisión para detectar sinais tanto directas como indirectas de GPS: as directas permiten determinar a posición exacta de cada satélite mentres que as indirectas son sinais que se reflicten desde a superficie oceánica en función da súa axitación e das que se pode extrapolar a velocidade do vento.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cyclone Global Navigation Satellite System |