BMG Rights Management
BMG Rights Management | |
---|---|
Tipo | negocio, editora musical, selo discográfico e división |
Data de fundación | 1 de outubro de 2008 |
Director/a | Hartwig Masuch |
Nº de empregados | 834 (2018) |
Organización matriz | Bertelsmann |
Sede | Berlín e Quartier 205 |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://www.bmg.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
BMG Rights Management GmbH é unha compañía internacional de música centrada na xestión de publicación musical, dereitos de gravación e distribución de música. A empresa opera como unha división do conglomerado de medios internacional Bertelsmann. Fundouse no ano 2008 como unha empresa conxunta entre Bertelsmann e a firma global de administración de fondos de investimento Kohlberg Kravis Roberts (KKR). En marzo de 2013 Bertelsmann tomou o control de BMG mercando as accións de KKR, convertendo a BMG nunha subsidiaria total do grupo Bertelsmann. A súa sede atópase en Berlín e ten oficinas rexionais en Nova York, Nashville, Os Ánxeles, Londres, Madrid, París, Estocolmo, Hilversum, Milán, Pequín, Toronto, Sydney e São Paulo. BMG é a máis nova e cuarta maior das grandes compañías da industria musical internacional, con máis de 2,5 millóns de composicións e gravacións no seu catálogo.[1]
No presente entre os artistas de BMG Rights Management atópanse Kylie Minogue, Avril Lavigne, Dido, Lenny Kravitz, Fergie, Evanescence, Alice in Chains, A Perfect Circle, Nickelback, Blondie, The Prodigy e Blink-182.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Billboard Power 100 - No. 33: Hartwig Masuch". Billboard. Consultado o 17 de setembro de 2018.