Saltar ao contido

Arpexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arpexio»)
Notación dun acorde en arpexo

Un arpexo[1], ou arpexio[2], é un acorde interpretado tocando as notas que o forman en sucesión, no canto de simultaneamente. A palabra provén do italiano arpeggio, que significa "á maneira da arpa". As formas máis estendidas de executalos son:

  • Permitindo que as notas graves soen mentres se executa o resto do acorde, tomando así un certo soporte de baixo: isto é habitual cando o acorde incorpora polo menos menos dúas oitavas.
  • Tocando as notas illadas, de xeito que soen notas soltas: isto é habitual cando o acorde interpretado non vai alén da oitava da nota fundamental.