Década de 1920
Aparencia
(Redirección desde «Anos vinte»)
Segundo milenio | |||||
Século XX | |||||
| |||||
|
1920
- Artigo principal: 1920.
- 10 de xaneiro - Entra en vixencia o Tratado de Versalles có que se pon fin á primeira guerra mundial
- 2 de febreiro - Rusia recoñece a independencia de Estonia.
- 22 de marzo - Madrid: Lorca estrea a obra El maleficio de la mariposa.
- 12 de xullo - Rusia recoñece a independencia de Lituania.
- 11 de agosto - Rusia recoñece a independencia de Letonia.
- 21 de novembro - Dublín. Domingo Sanguento.
- Publicación do primeiro número da revista Nós.
Acontecementos de maior duración
- Holocausto helénico (1914-1922).
1921
- Artigo principal: 1921.
- 1 de xaneiro: Nicaragua, Diego Manuel Chamorro comeza o seu mandato presidencial, caracterizado pola constante axitación.
- 2 de xaneiro: O vapor Santa Isabel vai a pique fronte a Sálvora, morrendo 213 persoas.
- 8 de marzo: España, Eduardo Dato Iradier, presidente do Consello de Ministros asasinado por anarquistas cataláns.
- 24 de setembro: Constitúese en Buenos Aires a Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.
Acontecementos de maior duración
- Holocausto helénico (1914-1922)
1922
- Artigo principal: 1922.
- 21 de agosto - Constitúese en Vigo a Confederación Rexional Galaica da CNT
- 1 de novembro - Disólvese o Imperio Otomán trala abdicacion de Mehmed VI.
- 27 de novembro - Asasinato a mans da Garda Civil en Sobredo (Salceda de Caselas) de Venancio González, Joaquín Estévez e Cándida Rodríguez, nomeados como mártires de Sobredo. Foron os protagonistas da última loita antiforal e antifeudal.
- 30 de decembro - Créase a Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas a instancias do congreso dos sovietes.
Acontecementos de maior duración
- Holocausto helénico (1914-1922).
Arte e cultura
- 26 de novembro - Howard Carter descobre a tumba de Tutankhamon, considerado como un dos descubrimentos máis grandiosos na historia da arqueoloxía.
- O director alemán Friedrich Wilhelm Murnau estrea o filme Nosferatu.
- James Joyce publica en París, o Ulises.
Ciencia e tecnoloxía
- 18 de outubro - Créase a primeira emisora de radio do mundo: a BBC de Londres.
1923
- Artigo principal: 1923.
- Fundación do Seminario de Estudos Galegos, en Santiago.
- 31 de agosto - Aparece en Monforte de Lemos o xornal Alborada.
- 13 de setembro - Golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera.
- 12 de outubro - Xuntanza fundacional do Seminario de Estudos Galegos.
- 29 de outubro - Mustafá Kemal asume a presidencia da nova República de Turquía.
- 8 de novembro - Intento errado de golpe de estado en Alemaña, organizado por Adolf Hitler, que cae preso.
1924
- Artigo principal: 1924.
- 27 de xaneiro - Aparece en Vigo o xornal El Pueblo Gallego.
- 24 de xullo - Avelino Cachafeiro é escollido como o mellor gaiteiro de Galiza en Santiago de Compostela.
- Fundación na Coruña da Editorial Lar por Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal.
- 7 de agosto - Fundase en Lima, Perú o Club Universitario de Deportes.
1925
- Artigo principal: 1925.
- 3 de xaneiro - Benito Mussolini proclama que está tomando poderes ditatoriais sobre Italia.
- 9 de xaneiro - Concepción Pérez Iglesias elixida alcaldesa de Portas, primeira muller alcaldesa de España.
- 8 de setembro - Desembarco de Alhucemas: tropas franco-españolas desembarcan na baía de Alhucemas, para liquidar a resistencia anticolonial marroquina dirixida por Abd-el-Krim.
1926
- Artigo principal: 1926.
- 3 de xaneiro - O xeneral Theodorus Pangulos autoproclámase ditador de Grecia.
- 26 de xaneiro - John Logie Baird realiza a primeira demostración pública dun sistema de televisión.
- 14 de maio - O dirixible Norge completa o voo transártico chegando a Teller, Alasca.
- 12 - 14 de maio - Polonia: golpe de estado do xeneral Józef Piłsudski, que inaugura unha ditadura militar.
- Establecemento por Albert Michelson da medida da velocidade da luz.
1927
- Artigo principal: 1927.
- 6 de outubro - Nace o cine sonoro, coa proxección, no teatro Warner de Nova York, da película O cantor de jazz de Alan Crosland. A cinta levaba anexa unha banda que recollía a voz humana.
1928
- Artigo principal: 1928.
- 9 de febreiro - En Nicaragua, o xeneral Augusto César Sandino e 6000 guerrilleiros emprenden unha aplastante ofensiva contra as tropas estadounidenses que ocupan o país.
- 18 de abril - En Portugal, António de Oliveira Salazar é nomeado ministro de Finanzas do goberno do coronel José Vicente de Freitas.
- 22 a 29 de abril - En Francia vence a dereita (Union Nationale) dirixida por Raymond Poincaré nas eleccións lexislativas.
- 17 de maio - Inaugúrase o servizo telefónico entre España e Portugal.
- 2 de xullo - En Gran Bretaña e Irlanda do Norte, as mulleres obteñen o dereito ao voto.
- 12 de outubro - Arxentina: Hipólito Yrigoyen elixido presidente (ata 1930).
- José María Escrivá de Balaguer funda o Opus Dei.
1929
- Artigo principal: 1929.
- 1 de xaneiro - Entra en vigor un novo Código Penal en España.
- 4 de xaneiro - As dúas Fundacións Rockefeller fúndense nunha, que se converte na organización filantrópica máis poderosa do mundo.
- 11 de febreiro - Pacto de Letrán entre a Santa Sé e Italia, polo que se crea o Estado pontificio e a Cidade do Vaticano.
- 10 de agosto - Abre ó público o Museo de Pontevedra, no pazo de Castro Monteagudo.
- 1 de setembro - Alemaña: atentan con bombas contra o edificio do Reichstag en Berlín.
- 5 de setembro - Aristide Briand, xefe do goberno francés, propón na asemblea da Sociedade de Nacións a Constitución dos Estados Unidos de Europa.
- 24 de outubro - Xoves Negro: a caída da Bolsa de Valores de Nova York marca o inicio da Gran Depresión.
- 22 de decembro - Fracasa o plebiscito organizado pola extrema dereita alemá contra o "Plan Young".