Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amazon.com, Inc. Sede de Amazon en Seattle .Tipo Pública Fundación 5 de xullo de 1994 Localización Seattle , Estados Unidos Persoas clave Jeff Bezos (Presidente e CEO)Werner Vogels (CTO)Industria Comercio electrónico, servizos de computación na nube Número de empregados 566 000 (2017) Na rede https://www.amazon.it/ , https://www.amazon.co.uk/ , https://www.amazon.es/ , https://www.amazon.in/ , https://www.amazon.fr/ , https://www.amazon.ca/ , https://www.amazon.nl/ , https://www.amazon.com.tr/ , https://www.amazon.co.jp/ , https://www.amazon.de/ , https://www.amazon.com.au/ , https://www.amazon.com.br/ , https://www.amazon.sa/ , https://www.amazon.com/ e https://www.amazon.com.mx/ [ editar datos en Wikidata ]
Amazon.com, Inc. , cuxo nome comercial é Amazon , é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle , Washington . Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet . É tamén propietaria de Alexa Internet , a9.com , Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch .
Jeff Bezos fundouna en 1994 , pero non estivo operativa ata 1995. Primeiro especializouse na venda de libros e máis tarde diversificou as súas liñas de negocio, engadindo DVD , CD , software , videoxogos , alimentos , xoguetes e máis. É a marca de venda polo miúdo máis valiosa do mundo segundo o índice BrandZ.
Conta con almacéns nos Estados Unidos de América , o Canadá , Irlanda , o Reino Unido , Francia , Alemaña , o Xapón e a China .