Aleksandr Ulianov
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Александр Ильич Ульянов 31 de marzo de 1866 (Xuliano) Nizhnii Novgorod, Rusia |
Morte | 8 de maio de 1887 (Xuliano) (21 anos) Shlisselburg (Imperio Ruso) |
Causa da morte | pena de morte, enforcamento |
Educación | Instituto Clásico de Simbirsk Universidade Estatal de San Petersburgo |
Actividade | |
Ocupación | revolucionario, estudante, estudante universitario |
Partido político | Narodnaya Volya (pt) Q4456237 |
Outro | |
Pais | Ilya Ulyanov e Maria Alexandrovna Ulyanova |
Irmáns | Lenin Dmitry Ulyanov Maria Ilyinichna Ulyanova Olga Ulyanova Anna Ulyanova |
Condenado por | tentativa de asasinato |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ульянов Александр Ильич) Enciclopedia soviética armenia Lenin's Brother: The Origins of the October Revolution (en) |
Aleksandr Ilich Ulianov (en ruso: Александр Ильич Ульянов), nado o 12 de abril de 1866 e finado o 20 de maio de 1887, foi un revolucionario ruso, irmán máis vello de Vladimir Lenin.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fillo de Ilia Nikolaevich Ulianov (1831-1886) e Maria Aleksandrovna Blank (1835-1916), foi o maior de catro irmáns (Dmitri, Maria, Anna e Vladimir), Aleksandr Ulianov graduouse na escola de Simbirsk en 1883 coa medalla de ouro e ingresou na Universidade de San Petersburgo, onde se licenciou en ciencias naturais e obtivo outra medalla de ouro polo seu traballo en zooloxía. Na universidade participou en reunións ilegais e manifestacións, ademais de pronunciar discursos ante estudantes e traballadores. En 1886, converteuse en membro da organización armada Narodnaya Volia (Vontade do Pobo).
En 1887 integrou un grupo que intentou asasinar ao tsar Alexandre III, motivo polo cal foi aforcado en Shlisselburg en 1887. A súa execución tivo un grande impacto no seu irmán, quen sería o futuro líder e creador da Unión Soviética.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.elpais.com/articulo/reportajes/Alexandr/hermano/Lenin/elpepusocdmg/20100516elpdmgrep_11/Tes (Alexandr y su hermano Lenin) (en castelán)