Saltar ao contido

Torvaldo e Dorliska

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Torvaldo e Dorliska
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaCesare Sterbini
Fontes literariasLodoïska (1796), de Francesco Gonella.
Estrea26 de decembro de 1815
Teatro da estreaTeatro Valle
Lugar da estreaRoma
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraConservatorio, París
Personaxes

Il Duca d'Ordow (baixo)
Dorliska (soprano)
Torvaldo (tenor)
Giorgio (baixo)
Carlotta (soprano)
Ormondo (baixo)

Torvaldo e Dorliska é un ópera semiseria (denominado dramma semiserio) con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare Sterbini baseado en Lodoïska (1796) de Francesco Gonella. Foi estreada o 26 de decembro de 1815 no Teatro Valle de Roma.

O binomio Gioachino Rossini e Cesare Sterbini realizou a ópera buffa máis famosa do xénero, Il barbiere di Siviglia. A pesar diso, o primeiro contacto profesional entre o compositor e o libretista tivo lugar uns meses antes deste febreiro de 1816, mes no que Il barbiere viu a luz. Foi por Torvaldo e Dorliska.

Na estrea participaron intérpretes de renome como Filippo Galli no papel do malvado duque de Orlov ou Domenico Donzetti interpretando a namorado Torvaldo. A pesar do bo elenco, a ópera non tivo o éxito esperado, e aínda que non foi un fracaso, pouco a pouco caeu no esquecemento, desaparecendo do repertorio cara ao ano 1839.

A obra quedou complétamente esquecida ata o chamado Renacemento rossiniano. En 1976 a ópera resucitou en Milán da man de Alberto Zedda cun elenco que unía a nomes tan rossinianos como Lella Cuberli, Enzo Dara e Lucia Valentini Terrani, xunto con outros máis afastados da óptica belcantista como Sigmund Nimsgern. O ano do bicentenario de Rossini foi fundamental para Torvaldo i Dorliska: a RTSI programou de novo esta ópera cun elenco que incluíu a Ernesto Palacio e Fiorella Pediconi nos roles principais xunto con Stefano Antonucci no papel do Duque e a Mauro Buda como o seu criado Giorgio. Dirixía o desaparecido Massimo de Bernart.

No ano 2006 presentouse a ópera en Pésaro, da man de Darina Takova e Francesco Meli como protagonistas, Michele Pertusi como Duque e Bruno Pratico no papel de Giorgio, dirixidos por Víctor Pablo Pérez e coa posta en escena de Daniele Abbado.

Torvaldo e Dorliska pasa hoxe en día bastante desapercibida, mais resulta moi interesante de escoitar pola frescura da súa música e pola delimitación psicolóxica das personaxes que forman o drama. Nas estatísticas de Operabase aparece con tan só dúas representacións no período 2005-2010.[1]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 26 de decembro de 1815[2]
(Director: - )
Torvaldo tenor Domenico Donzelli
Dorliska, muller de Torvaldo soprano Adelaide Sala
Il Duca d'Ordow baixo Filippo Galli
Giorgio, gardián do castelo barítono Raniero Remorini
Carlotta, a súa irmá mezzosoprano Agnese Loiselet
Ormondo baixo Cristoforo Bastianelli

Argumento

[editar | editar a fonte]

Orquestración

[editar | editar a fonte]

a partitura de Rossini require a utilización de:

Para os recitativos:

Gravacións

[editar | editar a fonte]
Ano Elenco:
Dorliska, Torvaldo,
Il Duca d’Ordow, Giorgio, Carlotta (Ormondo)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo [3]
1977 Lella Cuberli, Pietro Bottazzo, Siegmund Nimsgern, Enzo Dara, Lucia Valentini Terrani, (Gianni Socci) Alberto Zedda
1992 Lella Cuberli, Ernesto Palacio, Lella Cuberli, Stefano Antonucci, Mauro Buda, Nicoletta Ciliento, (Antonio Marani) Massimo de Bernart
2003 Paola Cigna,
Huw Rhys-Evans,
Michele Bianchini,
Mario Utzeri,
Annarita Gemmabella
Alessandro De Marchi
Czech Chamber Soloists e ARS Brunensis Chamber Choir
CD de son: Naxos
Cat: 8.660189-90
2006 Darina Takova,
Francesco Meli,
Michele Pertusi,
Bruno Praticò,
Jeannette Fischer
Víctor Pablo Pérez,
Orquestra Haydn di Bolzano e Trento e Coro de Cámara de Praga
(Gravación de son realizada nas representacións do Rossini Opera Festival, Pésaro)
CD de son: Dynamic
Cat: CDS 528/1-2
  1. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2013. 
  2. "Lista de AmadeusOnline". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2013. 
  3. Gravacións de Torvaldo e Dorliska en operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]