Saltar ao contido

Roald Dahl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoald Dahl

(1954) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Llandaf (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 1990 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreat Missenden (pt) Traducir 51°42′05″N 0°42′00″O / 51.701356, -0.699942 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaGipsy House (en) Traducir (1953–)
Llandaf (1916–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónRepton School (en) Traducir
The Cathedral School (en) Traducir
Weston-super-Mare (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, escritor de contos, escritor de literatura infantil, escritor, poeta, novelista, autobiógrafo, piloto de guerra Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1942 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoLiteratura de terror, misticismo (pt) Traducir, Fantasía e Literatura infantil Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
Rama militarRoyal Air Force Editar o valor en Wikidata
Rango militarwing commander (en) Traducir (1943–)
squadron leader (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxePatricia Neal (1953–1983)
Felicity Dahl Editar o valor en Wikidata
FillosOlivia Dahl
 () Patricia Neal
Tessa Dahl
 () Patricia Neal
Theo Dahl
 () Patricia Neal
Ophelia Dahl
 () Patricia Neal
Lucy Dahl
 () Patricia Neal Editar o valor en Wikidata
PaisHarald Dahl Editar o valor en Wikidata  e Sofie Magdalene Hesselberg Editar o valor en Wikidata
IrmánsAstri Dahl Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Iedereen Leest (en) Traducir
ProDetLit (en) Traducir >>>:Даль Роальд, Editar o valor en Wikidata
Páxina webroalddahl.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001094 Allocine: 80840 Allmovie: p159540 IBDB: 8343
Facebook: roalddahl Twitter: roald_dahl Instagram: roald_dahl Tumblr: roalddahl BNE: XX912544 Bitraga: 363 Musicbrainz: cb802a9c-efc9-4a1d-9dd2-b6fd080f6298 Discogs: 84075 Allmusic: mn0001257675 WikiTree: Dahl-393 Find a Grave: 6940 Editar o valor en Wikidata

Roald Dahl, nado en Llandaff, Cardiff, o 13 de setembro de 1916 e finado en Oxford, o 23 de novembro de 1990, foi un novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa, famoso como escritor para nenos e adultos. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, Iago e o pexego xigante, Matilda, As bruxas e Muá, Muá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de pai e nai de ascendencia norueguesa, Harald Dahl e Sofie Magdalene Hesselberg de Dahl. Foi chamado Roald en honra do explorador Roald Amundsen, un heroe nacional en Noruega neses tempos.

En 1920, cando Roald tiña tres anos, a súa irmá Astri morreu de apendicite con sete anos. Unhas poucas semanas máis tarde o seu pai Harald morreu de pneumonía aos cincuenta e sete. A súa nai preferiu manter a familia en Gran Bretaña a retornar a Noruega a vivir cos parentes, cumprindo así o desexo do seu home de que os seus fillos fosen educados en escolas británicas. Roald asistiu á Escola da catedral de Llandaff.

Con oito anos, o director vareou a Roald e catro dos seus amigos logo de pór un rato morto nun tarro de doces nun negocio local. Logo enviárono a diversos internados, o que non foi unha experiencia pracenteira para el. Cando tiña nove anos, a Roald Dahl mandárono á St. Peter's School, un colexio privado na cidade costeira de Weston-super-Mare, á que asistiu desde 1923 ata 1929. Desde os trece educouse na Repton School, en Derbyshire, onde foi axudante dun prefecto, converteuse no capitán do equipo escolar de fives (un deporte semellante á pelota) e desenvolveu interese na fotografía. Durante os seus anos en Repton a compañía de chocolates Cadbury enviaba de cando en cando caixas de novos produto á escola para que fosen probados polos rapaces. Dahl adoitaba soñar con inventar unha nova barra de chocolate que sería o asombro do señor Cadbury, o que lle serviu como inspiración para escribir o seu segundo libro para nenos, Charlie e a fábrica de chocolate.

Ó longo da súa infancia e adolescencia pasou as súas vacacións de verán en Noruega. A súa nenez é o tema do seu libro autobiográfico Boy.

Vida adulta

[editar | editar a fonte]

Despois de rematar o colexio botou tres semanas explorando Terra Nova cun grupo chamado Public Schools' Exploring Society. En xullo de 1934 comezou a traballar na petrolífera Royal Dutch Shell. Tras dous anos de adestramento no Reino Unido, levárono a Dar-es-Salaam, Tanganica (actual Tanzania). Xunto cos outros dous únicos empregados de Shell en todo o territorio, viviu luxosamente na Shell House, nas aforas de Dar-es-Salaam, cun cociñeiro e axudantes persoais. Subministrando combustible en Tanganica, enfrontouse a mambas negras e leóns, entre outros perigos.

En novembro de 1939 uniuse á aviación. Logo dunha viaxe en auto de case mil quilómetros desde Dar-es-Salaam ata Nairobi, aceptárono para o adestramento de voo canda outros dezaseis homes, dos que trece morrerían en combate aéreo máis tarde. Con sete horas e corenta minutos de experiencia no seu De Havilland Tiger Moth, comezou a voar só e apreciou a vida silvestre de Kenya durante os seus voos. Continuou co adestramento avanzado en Habbanía (oitenta quilómetros ó oeste de Bagdad), Iraq. Tras seis meses voando Hawker Harts, nomeárono oficial e asignárono ó escuadrón número 80 da RAF, pilotando obsoletos Gloster Gladiators. Dahl sorprendeuse ó descubrir que non fora adestrado en combate aéreo nin en como voar cos Gloster Gladiators.

O 19 de setembro de 1940, Dahl voaría co seu Gladiator desde Abu Suweir, (Exipto), ata Amiría para recargar combustible, e logo ata Fouca (Libia), por unha segunda carga. Desde aí voou á pista do escuadrón 80, cincuenta quilómetros ó sur de Mersah Matruh. No treito final non deu atopado a pista e, escaso de combustible e coa noite caendo, viuse forzado aterrar no deserto. Desafortunadamente, o tren de aterraxe golpeou nunha rocha e o avión estrelouse. Roald fracturou o cranio, rompeu o nariz e cegou. Logrou arrastrarse lonxe do avión ardendo, e desmaiou. Máis tarde, escribiu acerca do seu accidente no primeiro traballo publicado. Nunha investigación da RAF acerca do suceso, descubriuse que a posición á que se lle indicara voar era completamente incorrecta, e que o enviaran a unha zona entre as forzas británicas e italianas.

Rescataron a Dahl e levárono a un posto de primeiros auxilios en Mersah Matruh, onde recuperou a consciencia (pero non a vista), e logo en tren ó hospital da Armada británica en Alexandría. Alí namorou dunha enfermeira, Mary Welland, quen foi a primeira persoa que viu ó recuperar a vista, tras oito semanas de cegueira. Os doutores dixeran que non había ningunha posibilidade de que volvese a voar, pero en febreiro de 1941, cinco meses despois de ingresar no hospital, foi dado de alta e pasado a tarefas de voo. Neses momentos, o escuadrón número 80 atopábase en Eleusis, cerca de Atenas, combatendo xunto á British Expeditionary Force contra as forzas do Eixo sen esperanzas de derrotalas. Agora nun Hawker Hurricane, en abril de 1941, Dahl cruzou o Mediterráneo para unirse ó seu escuadrón en Grecia, seis meses despois de converterse en membro.

Alí coñeceu un cabo cínico que se preguntaba canto tempo sobreviviría o novo avión, acompañado só por catorce Hurricanes e catro Bristol Blenheims en toda Grecia, contra centos de avións inimigos. O líder do escuadrón tampouco se mostraba entusiasmado por ter só un novo piloto. De todos os xeitos, Roald fíxose amigo de David Coke, quen, de non morrer máis tarde en combate, se convertería en duque de Leicester.

Dahl tivo a súa primeira acción sobre Chalcis, onde uns Junker Ju 88 bombardeaban barcos. Só co seu Hurricane contra seis bombardeiros, logrou derribar un. Escribiu sobre todos estes incidentes no seu libro autobiográfico Voando só. Máis tarde prestou servizo en Siria, e logo traballou en intelixencia. Terminou a guerra como tenente coronel.

Comezou a escribir en 1942, cando foi destinado a Washington, D.C. como agregado militar de aviación. O seu primeiro traballo publicado, que apareceu na edición do Saturday Evening Post o 1 de agosto de 1942, foi un conto titulado A piece of cake (Un anaco de pastel), onde describía o seu accidente co Gloster Gladiator. O título orixinal era ese, pero mudárono a Shot down over Libya (Derrubado sobre Libia) para imprimirlle máis dramatismo, a pesar de que o accidente nada tivo que ver coa acción inimiga.

Estivo casado durante trinta anos (desde 1953 ata 1983), coa actriz estadounidense Patricia Neal. Tiveron cinco fillos (incluíndo a escritora Tessa Dahl), e morreulles un deles, Olivia Twenty Dahl, de encefalite polo virus do xarampón ós sete anos, en 1962. Theo, o seu único fillo home, sufriu un accidente durante a súa infancia que lle provocou hidrocefalia. Como resultado, o seu pai involucrouse no desenvolvemento do que máis tarde se coñecería como válvula de Wade-Dahl-Till, un dispositivo para aliviar esta condición. A súa filla Ophelia Dahl é directora e cofundadora (xunto co doutor Paul Farmer) de Partners in Health, unha organización sen fin de lucro dedicada a prover coidados médicos a algunhas das máis empobrecidas comunidades do mundo. A filla de Tessa, e inspiración para unha personaxe de The Big Friendly Giant, é a modelo e escritora Sophie Dahl. En 1983 casou con Felicity Ann d'Abreu Crosland, quen fora a mellor amiga da súa primeira muller.

Morte e legado

[editar | editar a fonte]

Morreu de leucemia o 23 de novembro de 1990, na súa casa, Gipsy House, en Great Missenden, Buckinghamshire, ós setenta e catro anos; foi enterrado no camposanto da parroquia de San Pedro e San Paulo. Na súa honra, a Roald Dahl Children's Gallery foi inaugurada no Bucks County Museum, na próxima Aylesbury. Os compromisos solidarios de Dahl nos campos da neuroloxía, a hematoloxía e a alfabetización foron continuados trala súa morte a través da Roald Dahl Foundation. En xuño de 2005, o Roald Dahl Museum and Story Centre inaugurouse en Great Missenden para celebrar o traballo de Roald Dahl e avanzar nos seus esforzos na alfabetización.

Antisemitismo

[editar | editar a fonte]

Dahl foi obxecto de boicots en Israel e outros lugares debido á súa sona de antisemita. En 1983, escribiu unha crítica no Literary Review que foi amplamente considerada antisemita. Dahl sempre creu que este foi o motivo polo que nunca foi nomeado cabaleiro.

Escritura

[editar | editar a fonte]

Empurrado por Cecil Scott Forester, Dahl escribiu o seu primeiro traballo publicado, "A piece of cake", que mercou o Saturday Evening Post por mil dólares, e que lle deu azos a súa carreira como escritor.

O seu primeiro libro para nenos foi The Gremlins, que trataba dunhas pequenas criaturas malvadas que formaban parte do folclore da RAF. O libro fora encargado por Walt Disney para unha película que nunca se fixo, e foi publicado en 1943. Dahl continuou creando algunhas das historias para nenos máis queridas do século XX, como Charlie e a fábrica de chocolate, Matilda ou Iago e o pexego xigante.

Paralelamente, tivo unha carreira de éxito como escritor de macabros contos para adultos, usualmente apelando ó humor negro e ós finais sorprendentes. Moitos deles foron orixinalmente escritos para revistas estadounidenses, como Ladies Home Journal, Harper's, Playboy ou The New Yorker, e logo recollidos en antoloxías que obtiveron un grande éxito en todo o mundo. Dahl escribiu máis de sesenta contos que apareceron en numerosas coleccións, algunhas só publicadas en forma de libro despois da súa morte.

Un dos seus contos para adultos máis famosos, Home do Sur (The smoker ou Man from the South), foi filmado como un episodio de Alfred Hitchcock Presenta, e foi ademais adaptada no segmento de Quentin Tarantino da película de 1995 Four rooms. A súa colección de contos Relatos do inesperado foi adaptada para unha exitosa serie de televisión do mesmo nome. Un número dos seus contos son supostamente extractos do diario do seu (ficticio) tío Oswald, un cabaleiro rico que conta historias de explotación sexual.

Por un breve período nos 1960s, Dahl escribiu guións para obter cartos. Dous deles, a película de James Bond Só se vive dúas veces (You only live twice) e Chitty Chitty Bang Bang, foron adaptacións de novelas de Ian Fleming. Ademais, adaptou o seu propio traballo para realizar Willy Wonka e a fábrica de chocolate, de 1971.

Memories with Food at Gipsy House, escrito coa súa esposa Felicity e publicado postumamente en 1991, é unha mestura de receitas, recordos familiares e reflexións de Dahl acerca dos seus temas favoritos, como o chocolate, as cebolas e o viño de Bordeos.

Moitos dos seus libros infantís teñen ilustracións de Quentin Blake.

Ficción infantil

[editar | editar a fonte]

Os traballos infantís de Dahl son a miúdo contados desde o punto de vista dun neno, frecuentemente coa actuación de malvados adultos que odian e tratan mal os nenos, e que presentan cando menos un adulto bo que contrarresta os malos. Usualmente conteñen gran cantidade de humor negro e escenarios grotescos, incluíndo espantosa violencia. As bruxas e Matilda son dous claros exemplos. The Great Friendly Giant segue este modelo nun modo máis analóxico, co bo xigante representando o arquetipo de bo adulto e os outros xigantes sendo os malos adultos. Esta fórmula vese tamén en parte no guión de Dahl para Chitty Chitty Bang Bang.

Prosa para nenos

[editar | editar a fonte]

Poesía para nenos

[editar | editar a fonte]

Ficción para adultos

[editar | editar a fonte]

Escolmas de relatos

[editar | editar a fonte]

Autobiográficos

[editar | editar a fonte]
  • The Honeys (1955). Representado no Longacre Theatre, Broadway.

Televisión

[editar | editar a fonte]

Roald Dahl foi tamén presentador dos programas Way out e Tales of the unexpected (na súa primeira tempada).

Adaptacións das súas obras

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  1. Ficha Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  2. Ficha do libro.
  3. 3,0 3,1 Editado en galego (Xuvenil Alfaguara), en tradución de Antón Palacio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]